Lavandeira, A
Tipoloxia o caracterització xeogràfica
Étimo
Resum general
Aínda que se asocia co verbo lavar, de orixe latina, é posible que a súa orixe sexa unha raíz prelatina (que tamén deu lugar ao lat. lauo), correspondente ó indoeuropeo *lou-, lou̯ə- (IEW 1200). Na terminación poden distinguirse dous sufixos: -nd-, indoeuropeo, e -ARIA, latino.
Aspectes geogràfics, històrics, administratius
Era inicialmente o nome dun río (o rego de Lavandeira) que atravesa a parroquia de Valboa (concello de Trabada), e pasou a designar un monte próximo (As Rigueiras de Lavandeira) e o núcleo de poboación, no mesmo concello (MarquésValea_2018).
Información específica de étimo para este topónimo
Lavandeira é un topónimo bastante común na toponimia maior galega (40 lugares no NG) e habitualmente designa zonas anegadas polo desbordamento dun curso de auga. Pero o feito de que moitos destes topónimos estean a moita distancia de núcleos habitados fai rexeitar a relación con lavadoiros ou lavadouros (voz común para o lugar onde se lavaba). Parece máis probable que sexa de orixe prerromana. Foi posta en relación coa raíz prelatina nava (de onde Navia ou Navea), pero o feito de que apareza historicamente sempre con L- e que outros topónimos hoxe con N- apareceran tamén con L- (como Navallos), apuintan a unha raíz lou-, lou̯ə- 'lavar' (IEW), que está tamén na orixe do verbo latino lavare, de onde o galego lavar (Navaza_2014).
O sufixo -nd- foi interpretado como indoeuropeo (véxase Calanda) por Villar_2011. A terminación -eira é claramente latina, o sufixo -ARIA.
A motivación toponímica a partir do nome dun paxaro (da familia dos motacílidos DRAG) non parece clara para un topónimo, como tampouco a de "muller que ten como oficio lavar a roupa", tendo en conta a súa abundancia desde o séc. X.
Encontramos atestacións dos distintos Lavandeira galegos desde o séc. X, algúns con referencias hidronímicas expresas:
- "Casal de Lavandeiras" 916 ESagrada
- "senra de Lavandaria" 982 TSamos
- "alia quam dicunt Lavandaria patent iacentia territorio Bubalo discurriles aquas rivulo Mineo" 1003 TCelanova
- "rio de Lavandaria" 1011 TCelanova
- " inter Lavandeyram et Fraxinum" 1183 TBSantiago
- " illas leyras de Lauandaria et de Monasterio" 1185 TSobrado
- "nostrum casale de Fornelis et casale de Lavandeyra et Terradigos de monte de Avelaeda et casale de Foramontanis" 1254 CDMelón
- "su sino de Sam Pedro de Lavandeira" 1394 CDOseira
- "ẽno chouso de Pedroso, que disen da Lavandeira, que he ẽna fiigresia de San Mamede de Moldes, a qual leira et viña vay de longo da hũa parte con a congostra publica que vay para o porto da Lavandeira, onde esta o moiño de Domingo Marquon" 1433 MNPontevedra
Documentació històrica
Moderna
- Labandéira 1863-1871 (Nomenclátor oficial, citado por MarquésValea_2018)
- "Labandeira: l. en la prov. de Lugo, ayunt. de Trabada y felig. de Santa Maria Magdalena de Balboa. Pobls: 11 vec., 56 alm." 1850 DicMadoz
- Lavandeira (grafía desde el Nomenclátor de 1888, citado por MarquésValea_2018)
Paisatge toponímic proper
Na mesma parroquia hai un rego de Navia e O Navallo, afluente do río do Requeixo. Son tres hidrónimos de común orixe prelatina.
Cognats i topònims relacionats
Hai outros 40 lugares (A) Lavandeira en Galicia, repartidos por todo o territorio.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org