LAURA, LAURU
Latino
Valoració » Color
Para a expresión da cor negra, en latín había dous termos: ater (o non marcado) e niger (brillante). O primeiro foise facendo máis raro a partir do séc. II d.C. ata desaparecer e o seguindo foi o que acabou imperando, pero tamén se introduciron novos termos, entre eles, louro. Este procede do lat. LAURUS 'loureiro', cunha evolución semántica que, segundo Corominas, pode explicarse “por el matiz oscuro que distingue su verde del de otras plantas” (DCECH s.v. loro II). Deixou descendentes nos romances peninsulares: gal., port. louro, cast. loro, cat. llor).
Redacció: Ana Boullón
Ana Boullón:
"
LAURA, LAURU
",
en Toponomasticon Hispaniae, projecte integrat en el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 24/06/2025