Celanova
Tipoloxia o caracterització xeogràfica
Étimo
Ámbito semántico
Resum general
Trátase dun composto do substantivo cela, que alude a un edificio monacal, e do adxectivo nova. O substantivo cela pasou de denominar a vivenda dun anacoreta a facelo cun mosteiro pequeno (Santamarina_2008). Navaza_TopHisp_Galicia_2011 indica que cela era como se chamaban os mosteiros galegos antes da adopción da regra bieita.
Aspectes geogràfics, històrics, administratius
É cabeceira da comarca da Terra de Celanova. Como se pode comprobar na documentación histórica achegada, esta vila recibía o xenérico nome de Vilar ata a súa doazón á Igrexa; a partir dese momento, pasou a chamarse Celanova. No século XX, o concello de Celanova absorbeu os antigos concellos de Acevedo do Río (1968) e Vilanova dos Infantes (1927).
Documentació històrica
Antiga i medieval
- "karta concessionis de Villare, id est de Cellanove, que fecit rex dominus Santius" 927 CDCelanova p. 89-90
- “locus quod usque nunc vocatus fuit Villare et dehinc vocatur Cellanova” 936 CDCelanova p. 124-127
- "e mando meu corpo ao mosteiro de Celanova" 1287 CDDevanceiros p.42
- "el reverendo padre abade do dito mosteyro de Celanova e del prior e convento dél" 1491 CDDevanceiros p. 201
Moderna
Cognats i topònims relacionats
Para os cognados véxase Cela.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org