Vés al contingut
Volver a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Foz

Foz

Tipoloxia o caracterització xeogràfica

Lugar
Concello
Parroquia
Idioma del topònim
Galego

Étimo

FAUCE
Latino
Oronímia » Depresión

Derivat

Resum general

Do lat. FAUCE 'gorxa, garganta', 'paso estreito, desfiladeiro' (cf. "incauto vobis ipsum flumen a fauce Minei" a.1142 ESagrada), aplicado neste caso á entrada do río Masma no mar Cantábrico.

Aspectes geogràfics, històrics, administratius

O actual municipio de Foz está constituído por parroquias das antigas xurisdicións de Foz (Foz, Santa Cilla do Valadouro e Santo Acisclo do Valadouro) e Nois (Cangas, Cordido, Fazouro e Nois), a maioría  baixo a autoridade do bispo de Mondoñedo, e a de Vilaronte (San Martiño de Mondoñedo e Vilaronte), de señorío secular.

A parroquia de San Martiño de Mondoñedo, que lle deu nome á actual vila do concello veciño de Mondoñedo, alberga a considerada catedral máis antiga de España, que foi sé de dous bispados: o de Dumio, trasladado en 866 desde Braga (Portugal) ante o avance musulmán, e o britoniense, que se supón xurdido na parroquia de Bretoña (Pastoriza) e que fora arrasado durante as invasións viquingas da segunda metade do século X. Foron bispos de San Martiño de Mondoñedo, entre outros, Rosendo Gutérrez (San Rosendo), nobre galego fundador do mosteiro de Celanova, e Gonzalo Arias ou de Mondoñedo, abade de Sahagún e irmán do conde galego Pedro Froilaz.

Documentació històrica

Antiga i medieval

  • "rendam nostram quam habemus in ecclesia Sancti Iacobi de Foz" a.1281 CalendMondoñedo
  • "sub canpana Sancti Jacobi de Foz " a.1410 CalendMondoñedo

Moderna

  • "feligreses de la dicha feligresía de Santiago de Foz" a.1578 ACS
  • "Posesión de las Alcabalas de Santiago de Foz y San Juan de Villaronte" a.1619 AHUS
  • "Sebastián Rebellón y Aguiar, vesino de la feligresía de Santiago de Foz" a.1632 AHUS
  • "Francisco da Beyga, del puerto de Foz" a.1761 CCME

Cognats i topònims relacionats

Entre as entidades de poboación galegas hai ademais tres lugares chamados A Foz  nos concellos pontevedreses de Crecente, Nigrán e Vedra e Foz no ourensán de Lobios.

Tamén hai polo menos nove localidades en Portugal chamadas Foz e outras que conteñen esa voz, en primeiro lugar como Foz da Moura, Foz de Alge, Foz de Alvares, Foz de Arouce, Foz de Baixo, Foz de Cima, Foz de Odeleite, Foz d'Égua, Foz do Arelho, Foz do Cobrão, Foz do Lisandro, Foz do Mosteiro, Foz do Ribeiro, Foz do Rio, Foz do Sabor, Foz Giraldo, Foz Tua; ou en segundo como Casal da Foz, Casalinho da Foz, Quinta da Foz e A Figueira da Foz, cidade, freguesía e concello do distrito de Coimbra.

No resto da Península encontramos, coa forma castelá, La Hoz, nas provincias de Albacete, Córdoba e Teruel e Lahoz en Áraba; San Pedro de la Hoz e Villahoz, Hoz de Valdivieso, Hoz de Arreba e Hoz de Mena en Burgos; Salinas de Hoz, en Huesca; Somahoz, Hoz de Anero e Mata de Hoz en Cantabria; Hoz de Jaca e Hoz de Barbastro en Huesca; Hoz de Arriba e Hoz de Abajo en Soria; e Membibre de la Hoz en Segovia. 

Tamén se considera emparentado con estes topónimos Reocín, en Cantabria.

Luz Méndez:  "Foz", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 11-11-2025].
Data: 08/11/2025
4966
no-portugues

Coordenades:-7.255011 43.570329

Les coordenades a l'estat espanyol procedeixen de l'IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripció fonètica
ˈfɔθ
Audio
Província
Lugo
Població
10.163 (2023)

Gentilici i renoms col·lectius

Gentilici(s)

focego, -a; focense

Pseudogentilici(s)
Sin datos

Antropónims originats pel topònim

Cognom
No ha generado apellido
Nom
No ha generat nom personal

Bibliografía específica

No hi ha bibliografia

Signatures

Redacció: Luz Méndez

"2051-San Martiño de Mondoñedo en Foz (Lugo)" by jl.cernadas is licensed under CC BY 2.0.

"2051-San Martiño de Mondoñedo en Foz (Lugo)" by jl.cernadas is licensed under CC BY 2.0.

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidad
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-