Vés al contingut
Volver a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Irixoa

Irixoa

Tipoloxia o caracterització xeogràfica

Concello
Idioma del topònim
Galego

Derivat

ECLĒSIA » -ŎLA, -ŎLU

Resum general

Derivado do latín vulgar *eclesiŏla, diminutivo de *eclesia, clásico ecclesia ‘igrexa’ (DCECH s.v. iglesia), co sufixo diminutivo -ŎLA. 

Aspectes geogràfics, històrics, administratius

O concello de Irixoa creouse no ano 1836 a raíz do Real Decreto de 23-07-1835. Estaba conformado por parroquias pertencentes no Antigo Réxime ás xurisdicións de Pruzos e de Mántaras, na provincia de Betanzos. O novo concello recibiu o seu nome do da parroquia onde se estableceu a casa consistorial. A capital municipal é O Pazo de Irixoa (NavazaConcellosCor) e a actual advocación da parroquia é san Lourenzo.

Información específica de étimo para este topónimo

A forma ecclesiola atéstase na documentación altomedieval desde o ano 887, nunha secuencia en que xa debía ter valor toponímico: "villa Transarici, ad Ecclesiola, Pinzana, Dornellas, Cusanca, Uerducedo" (DipAstur). A súa alta frecuencia de uso motivou que dese lugar a a diversas formas modernas e neste caso o grupo -gr- se resolvese de maneira diverxente ao usual: Irixoa (Santamarina_2008: 938). O sufixo diminutivo -ŎLA deixou de ser produtivo xa no galego arcaico, pero foi moi vizoso e deixou moitos restos na toponimia actual (véxase PérezCapelo_2015).

 

 

 

Documentació històrica

Antiga i medieval

  • "villa nominata quae vocitant Ecclesiola, territorio Fluvius prope Ribulo Mandeo et Arnigi o discurrentia Sartio" 1019 CDLugoCañizares, pp. 221-224
  • "uilla que uocatur Ecclesiola" 1239 DocsMonfero, pp. 563-564
  • "Lopo Peres da Igrejoa" 1395 DocHCoruña, p. 553
  • "frey Juan de Irijoa, prior" 1429 CDSClodioRibeiro

Moderna

  • "Santa María de Ygryjoa" 1520, 1535 AHUS
  • "San Lorenço de Ygrijoa" 1566 ACS
  • "feligresia de San Lorenzo de Yrixoa" 1752 CME
  • San Lorenzo de Irijoa 1845-1850 DicMadoz

Cognats i topònims relacionats

*Eclesiola foi unha forma léxica frecuente, con moitos descendentes toponímicos que presentan diversas solucións dialectais: -oa, -ó (con crase do hiato), -úa (con diferenciación do hiato), -oá (con deslocamento acentual) (Santamarina 2008: 942). Para o mapa dialectal dos resultados do sufixo, véxase PérezCapelo_2015: 103. 

As variantes en Galicia son:

Grixoa (tres lugares, catro parroquias: en San Amaro e Viana do Bolo, Ou, e en Santa Comba e Santiago de Compostela, Co), Irixoa (lugar, parroquia e concello coruñés e parroquia en Muras, Lu), Grixó (cinco lugares, unha parroquia en Ramirás, Ou) e Eirexúa (lugar na Pontenova, Lu).

Ana Boullón:  "Irixoa", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 11-05-2025].
Data: 19/03/2025
829
no-portugues

Coordenades:-8.064909 43.284407

Les coordenades a l'estat espanyol procedeixen de l'IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripció fonètica
Iɾiˈʃɔa̝
Audio
Província
A Coruña
Població
1340

Gentilici i renoms col·lectius

Gentilici(s)

irixoense

Pseudogentilici(s)

Freixoeiros (DTG).

Antropónims originats pel topònim

Cognom
Irijoa
16 ocurrències
Font: CAG

O apelido está castelanizado (a forma estándar é Irixoa). Os seus portadores residen no concello da Coruña, moi próximos ao foco de orixe.

Nom
No ha generat nom personal

Bibliografía específica

No hi ha bibliografia

Signatures

Redacció: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidad
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-