*CAUSU
Latino
Hábitat humano
O s. couso ten distintos significados no galego común, pero a motivación toponímica parece vir de ‘foxo para cazar lobos’, xa recollido por Sarmiento no séc. XVIII (DdD). Corominas explica o castelán coso como cruzamento entre o s. cursum ‘carreira, curso’ e o participio cautum ‘protexido, coidado’ (DCECH s.v. correr). Gonzalo Navaza propón como étimo causus, que Du Cange (s.v.) vincula co verbo latino CAUERE. O significado oronímico faría referencia a depresións no terreo (Navaza_Fitotoponimia), o que canxa ben co seu significado en galego: "buraco a modo de trampa, que se prepara no monte para cazar animais, sobre todo lobos" (DRAG), o cal tamén xustifica unha motivación toponímica.
Redacción: Ana Boullón
Ana Boullón:
"
*CAUSU
",
en Toponomasticon Hispaniae, proyecto financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Fecha: 30/03/2024