Cela
Tipología o caracterización geográfica
Étimo
Resumen general
Do lat. CELLAM ‘cuarto’, ‘santuario’, ‘despensa’. Era nun principio a morada dun anacoreta, e logo pasou a designar un mosteiro ou convento de rango menor.
Aspectos geográficos, históricos, administrativos
Parroquia do concello do Corgo (Lu), con san Xoán como advocación.
Documentación histórica
Antigua e medieval
A voz e os topónimos atéstanse con certa frecuencia nos documentos medievais, pero non sempre é poisble identificalos.
- "scm. Vincentium de Cella" (en terra de Nendos) 830 SAMI
- "in ripa Minei ubi dicunt Cella hic orantes" 854, "in Bubal monasterium quod dicunt Cela Ichorantes" 853 DipAstur [Celaguantes, Ou]
- "in uilla que uocitant Cella Valenti flumen Viuei et Mulo" 912 [Celavente, Ou]
- "archam desuper Outeiro de Cella , et inde per terminum inter Cella et Calambre" 932 DocCoruña [Outeiro de Cela e Cela en Irixoa, Co, e parroquia en Cambre]
- "Sancto Petro de Cella" 1246 CDMelón [parroquia en Mos, Po]
Cognados y topónimos relacionados
O substantivo Cela forma parte de nome de doce lugares nos territorios galegófonos (Lu5, Co2, Ou3, Ast1, Le1); Celas, en Culleredo, onde tamén é parroquia e en Carral. É parroquia en Cambre (Co), Outeiro de Rei (Lu) Bueu e Mos (Po).
Forma parte dos compostos Celanova (Ou), Celavente (O Bolo, Ou), O Outeiro de Cela (Irixoa, Co) e A Ponte de Cela (Cambre, Co). Parece estar presente tamén en Celaguantes (A Peroxa, Ou), aínda que o segundo elemento é descoñecido.
En Portugal Cela está presente en nove topónomos e nos compostos Cela Nova e Cela Velha (Leiria), Vilar de Celas (Vila Real) e Mós de Celas (Bragança)
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org