Skip to main content
Itzuli ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Ikertzaileentzako sarrera
esglcaeupt-ptast

Monterroso

Monterroso

Tipologia edo geografia karakterizazioa

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Etimoa

MONTE
Latino
Mendi izenak » Goraguneak
RŌSU
Latino
Mendi izenak » Elkarketa

Laburpen orokorra

Composto por monte, do lat. mons, e rosus, de orixe escura, quizais participio do verbo rodo ‘roer, rozar, desgastar’, isto é, ‘monte erosionado’. 

Geografi, historia, administrazio alderdiak

Monterroso era nun principio o nome dun monte. Máis adiante (polo menos desde finais do séc. XI) pasou a designar un condado, o anteriormente chamado durriense, xentilicio correspondiente ó actual Dorra (Antas de Ulla).  A principios do XIII xa nomea o núcleo de poboación que actualmente é o concello de Monterroso.

Leku izen honentzako informazio berezkoa

A segunda parte deste composto tense identificado co latín RUSSUS, pero, por unha banda, esta voz latina non deixou descendentes nesta zona da Romania (vid. PatRom_IV.1, s.v. Russus), e, por outra, as atestacións medievais o desmenten, pois aparece de forma consistente con –s-.

Nicandro Ares (2000, TopGal) propuxo rosum, participio do verbo rodo 'roer, rozar, desgastar'. Máis tarde, Vázquez García (2002), no seu estudo sobre a toponimia deste concello, apoiou esta hipótese porque “o sustrato do termo municipal é de tipo granítico, cun potente recubrimento areoso, con escasa presenza de minerais de cor vermella ou roxa”; esta realidade extralingüística descarta tamén o étimo ROSSUS. Unha obxección a esta hipóteses é que desde o punto de vista lingüístico non é usual atopar un descendente léxico sen máis apoio ca un único topónimo. Con todo, existen varios posibles cognados, Ponterrosa (Palas de Rei, Lu) e Fontes Rosas (Touro), das que carecemos de documentacións medievais que permitan deitar luz sobre a súa orixe, se non é a mesma que propón Ares.

A posibilidade de que proceda dun adxectivo co sufixo -oso choca coa persistencia das formas medievais Monte Roso ou Monterroso. Por exemplo, non se documenta nunca un composto *Monte Terroso, do que podería proceder con haploloxía.

Sobre a identificación do nome que nomea o topónimo, Nicandro Ares cre que se debe identificar co actual pico de San Cristovo, cunha altitude de 825 m, posto que a localidade se sitúa na súa ladeira. Pero Carlos García (2002: 17) considera que debe ser o actual monte de Vacaloura, localizado entre os Picos de Narón e San Cristovo, baseándose nun doc de 1022 do TACSantiago que nomea Sampiri (actual Sampil), e que o sitúa xusto debaixo do Monte Roso.

 

Dokumentazio historikoa

Antzinatekoa eta Erdi Arokoa

  • "ad montem de Meta, transiens Ferraria flumen venit ad Castrum Nesperarie et venit ad Deiroso Monte et protenditur ad Monte Navego ad Castrum veniens Arburisulie concludens per flumen Bubale" a.572 Costa_BragaLiberFidei. Este documento, de autenticidade discutida, é un dos máis antigos do noso territorio. Os editores presentaron varias lecturas diferentes deste topónimo; amais da indicada, Aeiroso (RiscoESagrada40, CDLugoCañizares), Eiroso Montem (TVelloLugo). Monterroso figura neste texto como límite occidental do comitatus pallarensis, o condado de Pallares.
  • "in territorio Asma sub (...) ipso Monteroso” 922 CDCatMondoñedo, p. 14-15
  • “ipsa villa Bene Vivere qui est scita subtus Monte Rosum” 937 TCelanova, p. 449
  • “hereditatem in loco, cui dicunt Sendin, discurrente ad Aulam Sti. Cipriani inter duos Alpes Monte Roso et Sumio” 1063 TSobrado f.47v-48r

Pronto deu lugar a un condado medieval:

  • "Sancius comes de Monterroso" 1098 DocUrraca
  • “Monio Pelagiz dominans in Monterroso” 1112 CDOseira
  • “in terra de Monterroso” 1278 DocCatLugo

E despois a un núcleo de poboación:

  • "in villa illa de Monterroso" 1202 CDLugoCañizares

 

Garaikidea

  • Monte Rozo 1653 AtlasTexeira 
  • Monterroso 1752 CME 
  • Monterroso 1806-1870 DicMadoz 

Hurbileko leku izenak

No propio concello e nos próximos encóntranse varios lugares que conteñen na súa denominación a forma monte, como corresponde á orografía da zona, pouco accidentada pero con bastantes elevacións suaves, como consecuencia da erosión (GEG, s.v. Monterroso):  Monte Alegre (lugar en Taboada, Lu), Montecalvo (lugar en Monterroso, Lu), Montecelo (lugar en Monterroso, Lu), Montecelos (lugar en Antas de Ulla, Lu; Taboada, Lu). 

kognatuak eta erlazionatutako leku izenak

En Galicia existen numerosos lugares que conteñen a voz monte, tanto con artigo (O Monte), como en composición (Montefaro, en Ares e Valdoviño, Co), parroquias: Monteagudo (Arteixo, Co), Montecubeiro (Castroverde, Lu), Trasmonte (Ames, Co), etc. e concellos: Montederramo (Ou) e Monterrei (Ou).

En canto á segunda parte, poderían ser cognados Fontes Rosas (parroquia en Touro) e Ponterrosa (Palas de Rei);  Nicandro Ares_TopGal propono para este último, e ademais considera como alternativa terrosa ‘ponte cuberta de terra’", pero isto parece pouco explicable semanticamente. En todo caso, sen coñecer atestacións antigas é difícil chegar a conclusións seguras. Deberían descartarse como cognados formas como Silvarosa, Silvadrosa, Arosa, pois son compostos con HEDEROSA.

Ana Boullón:  "Monterroso", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 11-05-2025].
Data: 16/03/2024
1313
no-portugues

Coordenadas: -7.83411 42.792733

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
[monteˈroso̝]
Audio
Probintzia
Lugo
Bizilagunak
3613 (2020)

Herritarren izena eta talde izengoitiak

Herritarren izena(k)

Monterrosino

Sasigentilizioak

Raposos (DTG). Este seudoxentilicio explícase por unha copla popular coñecida en toda Galicia: 

“Se ti viras o que eu vin na feira de Monterroso: vinte e cinco xastres xuntos a cabalo dun raposo” 1863 (TILGa)

Leku izenak sortutako jende izenak

Abizena
No ha generado apellido
Izena
Ez du jende izenik sortu

Bibliografia berezia

Ares Vázquez, Nicandro (2000): “Toponimia do concello de Monterroso”, Lucensia 10, n. 21, p. 259-276. 

Vázquez García, Carlos (2002): Toponimia de Monterroso. Monterroso: Concello de Monterroso.  

Sinadurak

Erredakzioa: Ana Boullón

Contribucións puntuais: Antón Santamarina, Emilio Nieto.

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

MCIN/AEI/10.23039/501100011033k finantzatu du Toponomasticon Hispaniae I+D+I proiektua. Aplikazio honek Galiziako Xuntak ikerketa guneen finkapenerako eta egituraketarako ematen dituen laguntzetako bat izan zuen.

Menú del pie

  • Pribatutasun politikak
  • Cookies politikak
  • Harremanetarako
-
-
-
-