Muxía
Tipologia edo geografia karakterizazioa
Etimoa
Laburpen orokorra
Topónimo de orixe dubidosa. Pode ter unha orixe prerromana ou derivar do substantivo monxe, do francés monge ‘frade'.
Geografi, historia, administrazio alderdiak
O concello de Muxía constituíuse con motivo do Real Decreto do 23 de xullo de 1835. Está conformado por catorce parroquias que no Antigo Réxime pertenceran aos coutos e xurisdicións de Muxía, de Ozón e Baíñas, de Moraime e Buxantes, de Corcubión e de Vimianzo. Tomou o seu nome do da vila capital do concello, unha das dezasete da antiga provincia de Santiago (NavazaConcellos).
En 1985 cambia a denominación do concello e de Mugia pasa á forma actual Muxía (VariacionesMunicipios). Isto dános pé para aludirmos á castelanización que experimentou o topónimo. Mugia era, pois, o resultado da acomodación ás normas establecidas pola reforma ortográfica do castelán en 1815 e non unha continuación da tradición medieval, como ás veces se cre.
Leku izen honentzako informazio berezkoa
O máis estendido entre os estudosos é que se trata dun derivado dunha forma romance correspondente ao substantivo MONACUS, ben da forma galega mogo (< moogo < MONACU), ou ben do seu sinónimo, o galicismo monxe, procedente do francés monge 'frade' (DCECH s.v. monje). Na súa orixe faría referencia á propiedade ou xurisdicción de San Xulián de Moraime, un mosteiro medieval situado no mesmo termo municipal de Muxía. Sería, por tanto, unha forma equivalente ás abondosas Freiría ou Frairía (derivadas de freire ou fraire co mesmo sufixo) na toponimia galega (Navaza_Tophis_Galicia_2011).
O substantivo monxe tense esclarecido como un occitanismo introducido nas variedades iberorrománicas centrais e occidentais polos frases cluniacienses. Deste xeito, a voz mogo ou moogo foi substituída no territorio galego-portugués por esa importación occitánica relativamente cedo, xa que atopamos rexistros de monge como apelativo desde os primeiros textos escritos en galego-portugués. A atestación máis antiga atópase nun documento do mosteiro de Montederramo do ano 1257 en que se alude a "don Pedro, monge de Montederramo e a don Martino monge" (DocDevOurense).
Dokumentazio historikoa
Antzinatekoa eta Erdi Arokoa
- "(...) per nostrum Portum de Mogia quod est de Subarmida sancte Marie inter ipsam Ermidan et montem de Nariga in illa terra de Seaca" 1176 DocSobrado
- "Santo Felice de Mugia" 1234 CDMeira
- "Santa Maria de Mugia" 1334 TToxosoutos
- "No porto de Mugia" 1338 AHUS
- "Afonso de Mogia, serivente do consello" 1399 DocHCoruña
- Mongia 1493 LRComposteláns
Garaikidea
kognatuak eta erlazionatutako leku izenak
A pesar do aparente parecido, o municipio vasco Mungia, na provincia de Bizkaia, non ten nada que ver co substantivo monxe, posto que o resultado esperado sería Monxia, Munxia. Segundo Patxi Salaberri (en comunicación persoal), podería ter a súa orixe nunha (*villa) BONCIANA, do nome persoal latino Boncius. En Asturias existe o topónimo La Monxal, moi probablemente derivado do asturiano monxe / monxo que nomeou un casal hoxe abandonado na localidade de Teberga (GarcíaArias_PueblosAst). En Portugal os nomes de lugar derivados de monxe son moi poucos, aínda que podemos mencionar algún como Pomarinho dos Monges en Montemor-o-Novo (DOELP, s.v. monje).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org