*ONITIU
Prerromano
Hidrotoponimia
A partir das formas medievais (Onitio, Unicio), Bascuas_2014 propón unha formación a partir da raíz hidronímica indoeuropea *aw(e)-, *awed-, *awer- ‘humedecer, mollar, fluír’, a partir do seu grao plano *au-, cun sufixo -no- (presente por exemplo no nome do ameneiro en celta, albanés e armenio, que Pokorny reconstrúe como *wer(e)nā e considera posible derivado da raíz *wer- ‘auga’). O sufixo final, -tio, é frecuente nos topónimos prrerromanos (med. Seretio > Cerezo, med. Genitio > Xinzo).
Erredakzioa: Ana Boullón
Ana Boullón:
"
*ONITIU
",
en Toponomasticon Hispaniae, proyecto financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 24/06/2025