Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

*AVANIA

*AVANIA

Prerromano
Hidronimia » Corrente

Avania é un dos derivados da raíz indoeuropea aw(e)-  ‘humedecer, mollar, fluír’, unha das principais raíces hidronímicas establecidas por Pokorny, no seu grao pleno *av-, onde a semivogal se realiza como consoante por ir ante vogal: av-. Esta sería a formación radical máis simple e dela descenden tamén o hidrónimo galego Avia, o portugués Ave e, con diferentes sufixos, Avión e Aviño. A sufixación (-n- + -ĭa) aparece noutros hidrónimos prerromanos como Barbaña, Barraña, Bendaña, Moraña, etc. Deixou descendentes no galego A Baña e no leonés La Baña.

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Ana Boullón:
" *AVANIA ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 07/05/2025

Topónimos vinculados a este étimo

Galego

A Coruña
Baña, A

Castelán

León
Baña, La
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-