Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

*BANDE

*BANDE

Prerromano
Escuro
Log in or register to post comments

Para o étimo do topónimo Bande lugués proponse a relación co deus Bandue, teónimo ben documentado na península (con nove inscricións en Galicia, coa forma Bandue fronte á lusitana Bandi; o u perderíase coma en aestuariu > esteiro, battualia > batalla ou ianuariu > gal. xaneiro). Bascuas_2014 (§ 51) apunta a "rareza de que o deus dun culto se perpetúe como topónimo", pero opina que debe proceder da mesma raíz. Este teónimo foi obxecto de diversas propostas etimolóxicas, expostas por Blanca Prósper_2000, quen se decanta pola raíz *gwem- 'ir, vir', de onde o lat. venio 'vir', al. kommen, ing. come, por medio dun nome de acción gwem-tu- 'paso'. O problema da sonorización de  nt  >  nd , que non ocorre nas falas hispánicas, resólveo a autora defendendo este feito fonético "antes de la adopción del alfabeto, en vista de lo cual no tenemos documentada la alternancia Bandue / *Bantue. En cambio, más al S existe aún generalmente la secuencia de caracteres -nt". Bascuas_2014 discrepa e demostra con exemplos a constancia da conservación deste grupo na toponimia peninsular. Este autor decántase pola raíz indoeuropea hidronímica band- 'pingar' (IEW 158). Deste tema procederían tamén os topónimos galegos Bandoxa, Bandexa, Bandeixa (este co mesmo sufixo -ASIA/U ca en Arteixo).

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Ana Boullón:
" *BANDE ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 02/04/2025

Topónimos vinculados a este étimo

Galego

Lugo
Bande 2
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-