Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Ames

Ames

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

*OIAMES
Prerromano
Hidronimia

Resumo xeral

De orixe prerromana, podería proceder, en última instancia, da raíz hidronímica *wegw- 'húmido', a través dun derivado cunha terminación de superlativo en acusativo plural: *Ugiamos ou *Ugiamas, coa vogal final relaxada en -es, segundo BascuasHidron_2002: 243. O seu significado sería 'moi húmido', en consonancia coa situación do actual concello, regado por varios ríos.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

No Antigo Réxime, Ames era unha das freguesías que formaban a xurisdición da Maía, de señorío arcebispal. Nela situouse a casa consistorial en 1835 e deulle nome ao concello. Trasladouse durante un tempo a Bertamiráns, e despois novamente a Augapesada (Ames). Finalmente, desde 1970, a capital municipal quedou definitivamente instalada en Bertamiráns (López Boullón 2019: 23). A advocación da parroquia segue a ser san Tomé.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "Sancti Thome apostoli de Oliames" 1143 TToxosoutos
  • "Sancti Thome de Oiames" 1145 TToxosoutos
  • "Sancti Thome de Oyames" 1145 TToxosoutos
  • "Sancti Thome apostoli de Oiames" 1182 TToxosoutos
  • "frigressia de san Thome d'Oyames" 1327 CDUniSantiago
  • "frjgueſia de Sam Thomé de Yames" 1344 DocMaia
  • "friigresia de sam Thome de Ames" 1349 CDUniSantiago
  • "fregresia de san Thome d'Oames" 1438 CDUniSantiago

Moderna

  • "feligresía de San Tomé d'Ayames" 1566 ACS
  • "feligresía de San Tomé de Yames" 1566 ACS
  • "felegresía de San Tome d'Oyames" 1568 ACS
  • "felegresía de San Tome d'Ayames" 1575 ACS
  • "San Thome de Ames", "San Tomé de Yames" 1607 MemoriasHoyo
  • "f<elegresí>a de San Tome d'Ayames" 1629 ACS
  • "f<eligresí>a de San Thomé de Ames" (Libro de Actas) 1770-1772 AHUS
Ana Boullón:  "Ames", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 02/11/2024
4196
no-portugues

Coordenades:-8.650328931 42.85945502

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
ˈame̝s
Audio
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
32482 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Amesán, amesá

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

López Boullón, Xosé Ramón. 2019. Toponimia de Ames. Real Academia Galega / Asociación Galega de Onomástica. https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/339 

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-