Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Boedo

Boedo

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Idioma do topónimo
Galego

Derivado

BŬDA » -ĒTA, -ĒTU

Resumo xeral

Procede probablemente do latín BŬDA 'espadana', co sufixo abundancial -ETU; tamén se lle ten atribuído unha orixe prerromana.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Lugar pertencente á parroquia de Veiga, no actual concello de Culleredo (Co). A capitalidade do concello pasou a Culleredo desde 1877, pois anteriormente era Alvedro (VariacionesMunicipios).

Información específica de étimo para este topónimo

Procede probablemente do latín BŬDA 'espadana', aínda que algúns autores consideraron que este tipo de topónimos (Boeiro, Boedo) remontan a unha raíz hidronímica céltica *bed-, *bud-, á cal pertencerían tamén outros topónimos como Bueu, Budiño, Boimorto. Sería un caso máis de familia léxica hidronímica con derivados fitonimicos (coma ameneiro/amieiro) (cf. Navaza_Fitotop 046b).

Documentación histórica

Moderna

  • "BOEDO: l. en la prov. de la Coruña, ayunt. de Alvedro y felig. de San Silvestre de Veija" 1846 DicMadoz, tomo 4.

Cognados e topónimos relacionados

Amais deste, no NG figuran O Boedo (A Laracha, Co) e Boedo (Camariñas, Co).

Poden considerarse variantes morfolóxicas desta forma: O Boído (Boimorto, Co), con variación do sufixo, e Boedes (O Carballiño, Ou), con posible palatalización de -a final, documentado desde o séc. XIII (Buedes 1276 CDOseira 1059).

Ana Boullón:  "Boedo", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 16/04/2024
2845
no-portugues

Coordenades:-8.450975 43.258719

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
boˈeðo̝
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
93 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Boedo
519 ocurrencias
Fonte: DAG

O apelido galego procede probablemente do topónimo de Culleredo, segundo indica a distribución xeográfica dos portadores actuais e as documentacións históricas. Presenta o maior número nos concellos de Arteixo e A Coruña.

Boedo
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-