Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Boiro

Boiro

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

*BORIU
Incierto
Escuro

Derivado

Resumo xeral

De orixe incerta: propúxose unha forma prerromana, quizais hidronímica paleoeuropea, e mais o xermanismo *būra- 'casa'.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O termo municipal de Boiro xorde no ano 1836 e reuniu as parroquias que no Antigo Réxime pertenceran ás xurisdicións de Boiro, de Noia e Goiáns e de Rianxo, da provincia de Santiago. O concello recibiu o nome da vila e a parroquia onde se estableceu a casa consistorial (NavazaConcellosCor).  

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • “Etiam in predicto loco villa de Boyro et villare Fontanela; et ex alia pars villa Villare et Taramancos” 932 CDCoruña, pp. 107-111 
  • “ecclesia Sancte Eulalie de Uorio” 1105 CDSMPinario, p. 178. 
  • “hereditate mea propria quam habemus in Pistomarchis loco certo in villa Carinio concurrente ad ecclesiam Sancte Eolalie de Vorio” 1156 TToxosoutos, pp. 642-643; a mesma forma 1188 TToxosOutos, pp. 644
  • “uilla de Carinio, que est in concurrencia sancte Eolalie de Uoyro” 1216 CDSMPinario, pp. 107-111 
  • “prope ripam maris de Berrania, preterfluente fluuio Gamo sub monte Salgeyroo, et recurrit ad ecclesiam Sancte Eolalie de Ouorio” 1223 TToxosOutos, pp. 645-646 
  • "Sancte Eolalie de Ouoyro" 1227 TToxosoutos 649, 1244 TToxosoutos 419
  • "villa de Calrreio et de Boyro, que sunt in 
  • “Item mando a Santa Vaya do Voyro” 1334 TToxosOutos, pp. 703 
  • “Santa Vaya do Boyro” 1457 LNRianxo, p. 92 [nesta fonte repítese seis veces desta forma]

Moderna

  • Boiro 1752 CME
  • Boiro 1806-1870 DicMadoz

Cognados e topónimos relacionados

En territorio de fala galega existes outros cognados coa mesma evolución:

  • Boiro (O Porto do Son e Val do Dubra, Co), Boiro (Ibias, Asturias)

En Portugal:

  • Terras de Bouro e Vale de Bouro (Braga), Boiro (Guimarães), Serra de Bouro (Leiria)

Outras formas poderían remontar ao mesmo étimo: Buiro (Val do Dubra), Bourio (Castropol, na Asturias de fala galega)

Ana Boullón:  "Boiro", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 11-05-2025].
Data: 30/12/2023
115
no-portugues

Coordenades:-8.885708 42.647891

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
[ˈbojɾo̝]
Audio
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
18976 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Boirenses

Pseudoxentilicio(s)

"Os do sacho"; "Os da fouza" (DTG).

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-