Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Capela, A

Capela, A

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

CAPPĔLLA
Latino
Hábitat humano » Edificacións

Resumo xeral

Do latín tardío CAPPELLA, diminutivo de CAPPA 'capa'.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O concello constituíuse en 1835 no territorio do couto de Caaveiro, unha xurisdición medieval. O nome procede do da parroquia onde se instalou a casa consistorial. Na documentación máis recuada menciónase pola súa advocación: "pro villa que vocitant de Calavario , Sancto Iacobo et Texido" 936 TCaaveiro. O substantivo capela asociado a Caabeiro só se documenta no séc. XIII (Navaza_Concellos).

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "ecclesiam Sancti Iacobi de Calavario pro capella ipsius monasterii" 1262 PergCaaveiro

Moderna

  • "en la ygresia de Santiago da Capela de Cab<eir>o" 1575 ACS
  • "Santiago de Capella" 1607 MemoriasHoyo.
  • "Reino de Galizia. Provinzia de Betanzos. Jurisdición de Caveiro. Felegresía de San Tiago da Capela" 1764 CME-ACapela.
  • "CAPELA: ayunt. en la prov., aud. terr. y c.g. de la Coruña (6 1/2 leg.), dióc. de Santiago (13) y part. jud. de Puentedeume (2). ... POBL.: 684 vec., 2.664 almas" 1846 DicMadoz.

Cognados e topónimos relacionados

Amais deste concello e a súa parroquia respectiva, hai outra parroquia A Capela (Toques, Co) e outros 42 lugares no NG que conteñen esta secuencia.

Ana Boullón:  "Capela, A", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 28/04/2025
4225
no-portugues

Coordenades:-8.068805581 43.43555177

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
akaˈpɛla̝
Audio
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
1.1185 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Capelán, capelá

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Capelán
271 ocurrencias
Fonte: CAG

A distribución actual do apelido Capelán nunha zona compacta en torno á cidade da Coruña parece indicar que este apelido moderno é de carácter xentilicio: deriva de Capela e refírese a unha das dúas aldeas A Capela do concello de Cerceda ou a outra de Oleiros). A maior densidade dos portadores do apelido dáse en Cerceda.

Capelán
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-