Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Castro Caldelas

Castro Caldelas

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

CASTRU
Latino
Hábitat humano » Poboación

Derivado

CALĬDAS » -ĔLLA, -ĔLLU

Resumo xeral

É un composto de Castro, do latín castrum 'lugar fortificado, castelo', e Caldelas, do latín calidus, -a, -um 'quente', ao que se lle engadiu o sufixo -elas.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Pertence á comarca da Terra de Caldelas. Recentemente, na revisión do Nomenclator, a Real Academia Galega propuxo que o nome do concello pasase a ser O Castro de Caldelas.

Información específica de étimo para este topónimo

Aínda que as voces caldas e caldelas adoitan referirse a lugares con augas termais, hoxe en día, só se atopan augas sulfurosas, pero non termais, nas proximidades do Castro de Caldelas, a capital municipal.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "in villa quam vocitant Aederata, territorio Caldellas" 884 TCelanova p.341
  • "damus atque concedimus vobis ad imperandum mandationem de roborata, Tribes, Caldelas, Beareca" 926 CDAstorga p. 82-83
  • "cum ecclesias iam supradictas de Bregantia et Aliste et Senabria, Tribes et Kaldelas" 934 CDAstorga p. 89-92
  • “Rovoyra Sacrata, qui est in Monte de Ramo, territorio Caldelas”, 1124, CDMontederramo, p. 182
  • "delo camiño que vén do Castro de Caldelas pera Ourense" 1497 CDSantoEstevodeRibasdeSil_Paula Bouzas, p. 85
  • "Juan Yanes, notario público eno Castro e terra de Caldelas" 1461 CDDevanceiros p.110

 

Moderna

  • "En la villa del Castro de Caldelas" 1752 CME - Castro Caldelas
  • "Castro-Caldelas" 1845-1850 DicMadoz

Cognados e topónimos relacionados

O substantivo Castro dá nome a 421 lugares en Galicia, segundo o NG. Pode ir acompañado de artigo (O Castro) ou aparecer modificado (Trascastro). Algúns exemplos son os concellos de Castroverde e Castro de Rei (Lu). 

O Nomenclator rexistra cinco lugares denominados Caldelas, nos concellos de Antas de Ulla (Lu), Portomarín (Lu), Leiro (Ou), e no concello de Ponte Caldelas (Po).

Eduardo Louredo Rodríguez:  "Castro Caldelas", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 13-11-2025].
Data: 10/11/2025
2699
no-portugues

Coordenades:-7.415814 42.375918

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
ˈkastɾo̝kalˈdɛla̝s
Audio
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
1.222 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

caldelao, caldelá

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Castro
60607 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia
Castro
Apelido
Caldelas
245 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia
Caldelas
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

 

 

Sinaturas

Redacción: Eduardo Louredo Rodríguez

Revisión: Ana I. Boullón Agrelo

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-