Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Hedra, A

Hedra, A

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

HĔDĔRA
Latino
Fitonimia

Resumo xeral

Do latín HĔDĔRA 'hedra'.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Lugar da parroquia de Ardemil, no concello de Ordes.

Cognados e topónimos relacionados

No NG constan tres lugares A Hedra (Ordes e Mesía, Co, e Pantón, Lu), amais da Casa da Hedra (Ribadeo, Lu) e As Casas da Hedra (Santiago).

Pero sobre todo hai derivados: en -osa/-oso (véxase Oroso); -ARIA/-ARIU: parroquia de Hedreira (Santa Comba, Co), lugares (A) Hedreira (Curtis, A Baña, Oleiros, Co, Friol, Begonte, Lu, Avión, Melón, Ou), As Hedreiras (Ribeira, Co), O Hedreiro (San Sadurniño, Co, Vilalba, Lu); co sufixo participial -ATA/-ATU: lugares (A) Hedrada (en Coristanco, Curtis, Irixoa, Co, Paradela, Lu, Vilariño de Conso, Parada de Sil, Ou), As Hedradas (Xove, Vilalba, Lu), O Hedrado (Outeiro de Rei, Lu), as parroquias A Hedrada (Parada de Sil, Ou) e San Mamede de Hedrada (Vilariño de Conso, Ou); tamén o mosteiro portugues Santa María de Orada, que se documenta como Herada na Idade Media. (vid. Navaza_Fitotoponimia 129)

Ana Boullón:  "Hedra, A", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 07/04/2024
4252
no-portugues

Coordenades:-8.40553609 43.16411097

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
aˈɛðɾa̝
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
5 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-