Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Incio, O

Incio, O

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Resumo xeral

Probablemente é unha formación prerromana, formada coa raíz hidronímica indoeuropea *aw(e)-, *awed-, *awer- ‘humedecer, mollar, fluír’, a partir do seu grao plano *au-, cun sufixo -no. e outro -tio, frecuente nestes topónimos.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O Incio foi unha antigua xurisdición, composta polas freguesías da Broza (hoxe no Saviñao), Foilebar, O Hospital, O Incio, Santa Mariña, San Miguel, San Pedro e Trascastro (todas estas integradas no concello actual), das que tiña o señorío a encomenda de Quiroga da Orde de San Xoán, quen nomeaba xuíz ordinario (DicMadoz).

Nos nomenclátores, ata o ano 1975, figuraba como Incio e noutras fontes o artigo (que realmente procede da deglutinación do O- inicial) foi castelanizado como El Incio. A forma xenuína, O Incio, repúxose en 1985; na mesma data, a súa capital pasa a ser A Cruz do Incio (VariacionesMunicipios).

Amais de dar nome ó concello lugués, O Incio está presente en tres das súas parroquias: San Pedro do Incio, Santa Mariña do Incio e O Incio (que ten como advocación Santa Cruz). Na parroquia do Hospital está a única igrexa románica de mármore da península ibérica., construída no séc. XII.

Documentación histórica

Antiga e medieval

N. Ares (Ares_TopGal I, 309-312) anota as diferentes atestacións na documentación medieval, desde o séc. VII, pero as máis antigas son de autenticidade discutida, como el mesmo detalla: así Vyniso 666, Onitio, Unitio 747. Consígnanse aquí as seguintes:

  • "Castrum Sancte Eolalie cum ipsa Ecclesia Unicine Uallis" (restitución de Afonso II á igrexa de Lugo) 841 ESagrada, TVLugo, CDVisLugo
  • "terras in Martini in Onitio" 854 TSamos
  • "In Ualle Unicii: Castrum cum Ecclesia Sancte Eulalie et Sancti Felicis et Sancti Michaelis et Sancte Marine" (privilexio de Afonso III) 897 TVLugo
  • "per terminos de sancta Maria de Onitio" 1080 TSamos
  • "monasterii sancti Felicis de Onitio" 1103 TSamos
  • "Infra fines Gallecie Suarnam cum ecclesiis de Fraxino, Uallem Longam, Neram, Flammoso, Sarriam, Paramo, Froiam, Unicio, Lemos usque ad fluuium Silum" 1105 CDACatOurense
  • "Hospitali Sancti Johanis in Castrum Sancti Felicis de Unicio" 1188-1218 EncomendaSanXoán
  • "sancto Pedro de Unicio" s.XIII CDOseira

 

Moderna

  • "Jurisdición del Yncio" 1753 CME-OHospital-OIncio
  • "INCIO (San Miguel de ): felig. ... INCIO (San Pedro del): felig. ... INCIO (Sta. Marina del)" 1847 DicMadoz
Ana Boullón:  "Incio, O", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 25-06-2025].
Data: 24/06/2025
5950
no-portugues

Coordenades:-7.363922339 42.65647891

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
oˈinθjo̝
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
1.524 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Inciao, inciá

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Incio
57 ocurrencias
Fonte: CAG

Os portadores presentan a maior concentración en Pantón, non lonxe do foco.

Incio
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Igrexa de San Pedro Fiz (parroquia do Hospital, concello do Incio).

Igrexa de San Pedro Fiz (parroquia do Hospital, concello do Incio).

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-