Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Ordes

Ordes

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

*ORDĬNES
Incierto
Hidronimia

Resumo xeral

De orixe discutida, posiblemente prerromana e hidronímica.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Ordes é concello, parroquia (coa advocación Santa María) e lugar. O concello constituíse en 1836 integrando parroquias que no Antigo Réxime pertenceran ás xurisdicións de Folgoso e de Mesía, da provincia de Santiago. Recibiu o seu nome do da parroquia onde se estableceu a casa consistorial (Navaza_2021).

Información específica de étimo para este topónimo

Ten habido diversas opinións sobre a orixe deste nome, que aínda non foi totalmente esclarecida. Descártase para este caso a relación co substantivo común orde (< lat. ORDĬNE), dificilmente xustificable como topónimo, que, con todo, pode ser a motivación da antiga xurisdición daTerra de Orde (Friol, Lu), e acaso tamén na parroquia homónima do concello de Toques (Navaza_2021).

Abelardo Moralejo (ToponGallega) suxeriu, con reservas, que fose un derivado de HORDEUM 'orxo' (de onde derivan ast., cast. Ordial, gal. Orxal, Orxás, Orxais, Orxeiro, Orxeira, Urxeira). Para isto tería que proceder do dat.-ablat. plural HORDEIS e, ademais, non experimentar a palatalización provocada polo iode que se dá nos demais descendentes). Esta explicación é incompatible coas atestacións medievais, que presentan indicios da nasal.

Finalmente, Bascuas_2002 (131-133) propuxo unha orixe prerromana, formado co tema *Or-d-, tema hidronímico alternativo de Ar-d-, procedentes da raíz indoeuropea *er- 'moverse'. Estaría emparentado con outros topónimos peninsulares, como Ordesa (Huesca), próximo a Ordizia (Guipúscoa) e probablemente co galego Ordoestre. Comparte probablemente orixe coa parroquia homónima de Rairiz de Veiga (Ou), documentada como Sancta Maria de Ordines 1061, Hordines 962 TCelanova, Ordiis 1231 CDACatOurense e mais con Ordelles (documentado como villa de Ordenelias 1007, Ordeeles 1254, Ordeellas 1420,
Ordeelles 1484).

A partir do séc. XVI o nome sufriu o mesmo proceso de castelanización ca unha parte da toponimia galega, e pasou a escribirse Órdenes. Restituíuselle o nome orixinal, Ordes, en 1984 (VariacionesMunicipios).

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "Rrui d'Ordẽs" 1394 THSantiago

Moderna

  • "Santa María d'Ordes" 1566, 1568  ACS
  • "Gregorio do Rrío, labrador, vecino de la feligresía de Sancta María d'Ordenes" 1581 ACS
  • "R<odrig>o do Rrío, labrador, vecino de la feligresía de Sancta María d'Ordes" 1585 ACS
  • "Santa María de Ordines" 1607 MemoriasHoyo
  • Hordenes CME
  • "ORDENES: ayunt. en la prov., aud. terr. y c.g. de la Coruña (8 leguas), dióc. de Santiago y part. jud. de su nombre" 1849 DicMadoz XII.

Cognados e topónimos relacionados

Teñen o mesmo nome e advocación unha parroquia en Toques (Co) e outra en Rairiz de Veiga (Ou). Como se dixo anteriormente, é posible que esta última teña a mesma procedencia etimolóxica có topónimo coruñés, pero non é seguro no caso de Toques.

Ana Boullón:  "Ordes", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 07/04/2024
2564
no-portugues

Coordenades:-8.407974 43.078308

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
ˈɔɾðe̝s
Audio
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
12.589 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Ordense

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-