Ortigueira
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Derivado
Resumo xeral
Derivado de ortiga co sufixo colectivo -eira. Designa un lugar onde abundan estas plantas.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
O concello, no momento da súa creación, en 1835, recibiu o nome de Santa Marta de Ortigueira, que era o da xurisdición e o da vila. A partir de 1857 engadíronselle algunhas parroquias que formaban parte da antiga xurisdición e que foran segregadas noutros concellos. Nese momento creouse o novo concello de Ortigueira (NavazaConcellosCor)
Documentación histórica
Antiga e medieval
- "in Ripa de Saur in Urticaria" 897 TVLugo.
- Orticaria 929 TCelanova
- Ortigueyra 1262 DocDevOurense.
- "os terminos de Çideyra et d'Ortigueyra" 1273 CDOseira.
- "enno couto d'Ortigueyra" 1299 CDCatMondoñedo
- "quas mindoniensis ecclesia habet et habere debet in terra de Orticaria seu in archipresbiteratu de Orticaria", "ecclesie nostre Sancti Pelagii de Orticaria" 1317 CalendMondoñedo
- " moesteiro de Santa Marta d'Ortigeira" 1375 DocSMBelvís
- "enna vila de Santa Marta d'Ortigueira" 1488 CDPedrosoTrasancos
Moderna
Paisaxe toponímica próxima
Ortigueira pertence á comarca de Ortegal.
Cognados e topónimos relacionados
En Galicia existen outros tres topónimos Ortigueira (lugares neste concello e mais en Vedra, Co e Barro, Po), e A Ortigueira (Cariño, Co).
No NG tamén hai a forma primitiva, A Ortiga (Sada, Monfero, Co) e o derivado Ortigoso (A Fonsagrada, Lu). O concello de Ortigueira está dentro da comarca de Ortegal.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org