Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Pedraza

Pedraza

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Derivado

PĔTRA » -ACEA, -ACEU

Resumo xeral

Derivado de pedra co sufixo latino -acea.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Parroquia (e lugar) do concello de Monterroso (Lu), coa advocación de santa María. Antigamente eran dúas parroquias: San Lourenzo (suprimida eclesiasticamente) e Santa María.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "S. Laurentii de Pedraza" 1202 CDLugoCañizares.
  • "Jacome Rodrigues, de Pedraça, escriuano del rey nuestro sennor et seu notario publico enna sua corte et en todos los seus reynos et sennorios et notario publico enna merindade de Monterroso et sua jurediçon" 1477 CDVilarDonas

Moderna

  • "feligresía de Santa María de Pedraza (jurisdicción de la Ulloa)" 1752 CME
  • "feligresía de San Lorenzo de Pedraza (jurisdicción de la Ulloa)" 1752 CME
  • "PEDRAZA (San Lorenzo de): felig. en la prov. y dióc. de Lugo (7 leg.), part. jud. de Chantada (2 1/2) y ayunt. de Monterroso (1/2). Pob.: 27 vec., 142 almas" 1849 DicMadoz.

Paisaxe toponímica próxima

No mesmo concello hai outros topónimos relacionados semanticamente coa pedra: Penas (parroquia) e A Pedriña, Pena Forcada, Pena Parda, A Penela (lugares).

Cognados e topónimos relacionados

En Galicia hai dous topónimos máis con este sufixo: Pedrazas (Chandreza de Queixa, Ou) e O Pedrazón, co sufixo aumentativo -ONE (Guitiriz, Lu).

En Portugal tamén hai Pedraça (Braga).

Ana Boullón:  "Pedraza", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 07/04/2024
3846
no-portugues

Coordenades:-7.86420614 42.82111415

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
peˈðɾaθa̝
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
124 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-