Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Pradairo

Pradairo

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Idioma do topónimo
Galego

Derivado

PLĂTĂNU » -ARIA/-ARIU

Resumo xeral

Derivado do latín plătănus co sufixo -eiro.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Lugar pertencente á parroquia de San Pedro de Neiro, no concello da Fonsagrada.

Información específica de étimo para este topónimo

Como os demais descendentes do latín plătănus, presenta unha evolución semiculta, pois non palataliza o grupo PL- inicial. Non se conservou a forma simple porque tiña menos posibilidades de supervivencia, xa que a súa evolución fonética confluíría cos resultados de PRATU- (> prado). En Galicia tamén se rexistraron as variantes pradeiro e padreiro, que responden á evolución máis común do sufixo -ARIU. A variante en -aira é paralela a de abelaira-abraira, maceira-mazaira que se rexistran na metade oriental de Galicia (Navaza_Fitotop 437-8, 579).

Cognados e topónimos relacionados

No NG figuran seis Padreiro (Carballo, Curtis, Santa Comba, Vimianzo e Zas), amais de Pedra Padreiro (Zas) e Padrieiro (Guitiriz).

As posibles formas femininas coinciden cos derivados de PRATU.

En Portugal rexístrase tamén Padreiro, documentado como Padreiro, Pradaeiro, Pradeeiro en 1258 (OnomMedPortugués). 

Ana Boullón:  "Pradairo", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 11-05-2025].
Data: 11/01/2024
2648
no-portugues

Coordenades:-7.083864 43.15838

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
ˈpɾaðajɾo̝
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
4 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-