Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Reboredo

Reboredo

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

RŌBŎRĒTU
Latino
Fitonimia

Resumo xeral

O topónimo Reboredo provén do latín RŌBŎRĒTU ‘carballeira’ e trátase dun colectivo derivado de robur, roboris ‘carballo’.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Temos constancia de que a parroquia de Borraxeiros do concello veciño de Agolada xunto coa de Reboredo de Antas de Ulla nomearon un arciprestado eclesiástico desde o século XVII ata finais do XIX chamado Reboredo-Ventosa.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "Villa territorio Roboreto, subtus monte Sumeo" 1075 CPR
  • "Iohannem Romeu e Dominicum Iohannis, heredes de Reboredo, de altera (...)" 1239 CDVilarDonas
  • Revoredo 1285 CDVilarDonas
  • "Freguesía de Santiago de Reuoredo" 1376 CDVilarDonas
  • "(...) la tercera parte del lugar de Sucadío, sito en las feligresías de San Xoán de Antas de Ulla, Santiago de Reboredo, San Xurxo de Terra Chá y San Miguel de A Cervela" 1541 ACS

Moderna

  • Santiago de Reboredo 1752 CME
  • Santiago de Reboredo 1806-1870 DicMadoz

Paisaxe toponímica próxima

No mesmo concello: Carballo (parroquia de Antas de Ulla)

Cognados e topónimos relacionados

En Galicia hai outros 60 lugares chamados (O) Reboredo, sete (A) Reboreda, o plural Os Reboredos (un nas Pontes de García Rodríguez, Co) e o composto Torreboredo (A Estrada, Po). Atopamos algúns derivados como Rebordelo (en 16 lugares e na parroquia de Cotobade, en Pontevedra), Rebordelos (Val do Dubra, Santa Comba, Ordes e Carballo, na provincia da Coruña, e O Páramo, en Lugo) e Os Rebordelos (Muras, Lu). Este último tamén se rexistra co sufixo diminutivo moderno, Rebordiños (Vilalba, Esgos, e dous en Guitiriz, todos eles na Terra Chá luguesa) e en composición: Rebordondo (Cualedro, Ou, Portomarín e Taboada, Lu), Rebordochao (Monfero, Co) e Rebordondiego (O Saviñao, Lu); algúns levan un sufixo xentilicio: Rebordáns (Ponteceso, Negreira, Co), Rebordaos (tres na Coruña e tres en Lugo).

Andrea Santiso:  "Reboredo", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 09/03/2024
4130
no-portugues

Coordenades:-7.933888 42.802234

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
reβoˈɾeðo̝
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
29 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Reboredo
2373 ocurrencias
Fonte: CAG

Os focos máis produtivos do apelido parecen ser os concellos de Dozón e Campo Lameiro. No concello de Antas non se rexistra ningún habitante con este apelido. 

 

Reboredo
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Ares Vázquez, Nicandro. 2009. “Toponimia do Concello de Antas de Ulla”, Lucensia: miscelánea de cultura e investigación 38, 97-122.

Santiso Arias, Andrea. 2023. Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña Real Academia Galega. 

Sinaturas

Redacción: Andrea Santiso

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-