Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Teixeira, A

Teixeira, A

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Derivado

TAXU » -ARIA, -ARIU

Resumo xeral

O topónimo alude a un bosque de teixos (Taxus baccata) e está formado polo substantivo teixo, do lat. taxu(m) (DCECH: s.v. tejo) e o sufixo, de carácter abundancial, –eira, do lat. –aria(m). Semella que o teixo “foi en tempos unha árbore común en Galicia, a xulgar pola súa presenza na toponimia” (Navaza_Fitotop p. 528).

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Ata 1985, en que se recuperou a forma xenuína, a denominación oficial foi a forma La Teijeira. Pertence á comarca da Terra de Caldelas.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • “quanto herdamento avemos [...] enna Teyxeyra, su u signo de San Salvador de Limiares” 1291 CDMontederramo, p. 671
  • “do nosso casar do Nogueyro, que sta enna Teyxeyra, su signo de San Salvador de Lumeares” 1393 CDMontederramo, p. 1857 

Moderna

  • “En el lugar de la Teixeira feligresía de san Salbador de Lumeares”, 1752 CME 
  • “Teijeira”, 1845-1850 DGEH-Madoz 

Cognados e topónimos relacionados

Para designar entidades de poboación, o topónimo (A) Teixeira rexístrase tamén nos concellos galegos da Capela (provincia da Coruña); de Baralla, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada (en dúas ocasións), O Incio, Lourenzá e A Pobra do Brollón (provincia de Lugo); Boborás, Cartelle, Maceda e San Xoán de Río (provincia de Ourense); e Tui (provincia de Pontevedra). Ademais, no concello lugués de Baralla atópanse os lugares de Teixeira de Abaixo e Teixeira de Arriba. En territorio portugués existen oito lugares habitados denominados Teixeira.

Eduardo Louredo Rodríguez:  "Teixeira, A", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 23/04/2024
420
no-portugues

Coordenades:-7.472822 42.39119

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
atejˈʃejɾa̝
Audio
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
342 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

teixeirés, -esa

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Teixeira
1277 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia

Dado que hai varias entidades de poboación galegas denominadas A Teixeira, é imposible dicir se deriva do topónimo estudado.

Teixeira
Apelido
Teijeira
569 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia

Forma deturpada seguindo o modelo castelán. Dado que hai varias entidades de poboación galegas denominadas A Teixeira, é imposible dicir se deriva do topónimo estudado.

Teijeira
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Eduardo Louredo Rodríguez

Revisión: Ana Isabel Boullón Agrelo.

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-