Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Val do Dubra

Val do Dubra

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

VALLE
Latino
Oronimia » Cavidade
*DUBRA
Prerromano
Hidronimia

Resumo xeral

Composto de Val (de VALLEM, acusativo do latín vallis) e Dubra, nome do río que o atravesa, un hidrónimo céltico.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Chámase Dubra un afluente do Tambre que deu nome a un territorio medieval (terra de Dubra).  O termo municipal constituíse en 1836 con parroquias que no Antigo Réxime pertenceran á xurisdición de Dubra, e ó couto de Buxán (provincia de Santiago). Primeiramente denominouse Buján (forma castelanizada de Buxán), por ser este o nome da parroquia onde se estableceu a casa consistorial. En 1960 foi substituído polo nome actual. A capital municipal é Bembibre (NavazaConcellosCor).

Información específica de étimo para este topónimo

No uso do artigo (Val do Dubra) recoñécese o carácter recente do topónimo, pois nos tradicionais o nome do río non leva artigo (Antas de Ulla, Ribas de Sil, Salvaterra de Miño, etc.)

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "Nemitos, Bisancos, terra de Faro, Coporos, Celticos, Brecantinos, in Montanis duo archipresbyteratus, Dubria, Barcala, Salagia, Gentines, et cetera usque ad Oceanum" 1110 HistoriaCatedralSantiago
  • "in terra Dubrie ecclesiam sancti Iacobi de Busiam" 1148 CDSMPinario
  • "in tota terra de Trastamar et de Duvria et in Bregantinos" 1237 CDOseira
  • "Saluador Martinç, notario jurado de Duura et de Montaos" 1284 CDUniSant
  • "friigesias de san Viçenço de Rial, de san Saluador de Bemuiure, et de san Martin de [Coucieiro] et de Santiago de Bugian, que he en terra de Duura" 1306 CDUniSant
  • "Gomes de Segerey, notario publiquo en terra de Dubra et de Montaaos" 1427 CDUniSant

Moderna

  • "Arciprestazgo de Dubra" 1607 MemoriasHoyo
Ana Boullón:  "Val do Dubra", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 04/11/2023
2667
no-portugues

Coordenades:-8.656025 43.028286

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
ˈbalðoˈðuβɾa̝
Audio
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
3.783 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

dubrés, -esa.

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Dubra
679 ocurrencias
Fonte: CAG

O apelido procede deste antigo territorio, pois hoxe os seus portadores residen maioritariamente na mesma zona, nos concellos de Tordoia, Val do Dubra e Trazo.

Dubra
Nome
Dubra
15 ocurrencias
Fonte: IGE

Habilitouse recentemente como nome feminino (vid. GNG).

Dubra

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-