Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Vilariño de Conso

Vilariño de Conso

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

*CAUSU
Latino
Hábitat humano

Derivado

VILLĀRE » -INA/-INU

Resumo xeral

Composto do diminutivo de vilar (véxase Vilarmaior) e couso < lat. CAUSU.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O nome do concello componse do da parroquia onde se asentou, en 1836, Vilariño, e mais Conso, o nome da antiga xurisdición (FariñaJamardo_1990), correspondente ao val regado polo río homónimo. Figurou coma forma castelanizada ata o NG de 2003.

Información específica de étimo para este topónimo

O diminutivo de vilar co sufixo -iño é moi frecuente na toponimia galega; achámolo documentado desde o séc. IX, referido a diversos lugares:

  • "Santci Iacobi de Villarino" [Castroverde] a.897 CDVisLugo
  • "uilla subtus monte Toro in capite Limis, quam dicunt Uillarino" 927 CDCelanova
  • "de Felgarias, et qum Villarino, et de [alia] parte quomodo dividet cum villa de Pandion, et qum alia villa ubi habitat Ranquila" 931 TCelanova
  • "aliam quam nuncupant Paratella, terzaria Saltello, quarta uilla de Porto, quinta que dicunt Paretes Siccas, sexta Uillarino et septima Uentosello" 938 TCelanova [Ventoselo en SAmaro; podería ser unha parroquia do Pereiro de Aguiar)
  • "in ripa Uerontie, uillam quam uocitant Uillarino" TSobrado 955 [Veronza está en Carballeda de Avia)
  • "in ripa Auie, Uillarino" 966 TSobrado
  • "In territorio Castella vocitatas Rovordanos et Villarino que sunt in ripa Avie et Veronza" 966 DocSobrado
  • "villam in Santovati loco predito Villarino , vocabulo ecclesie sancti Salvatoris" 1080 CDCelanova

O topónimo Couso documéntase para diversos lugares de Galicia desde o séc. VIII:

  • "per ipsos terminos super Causo" 788 DocCoruña
  • "inter Maiquis et Caprinum ubi dicunt Causo iuxta fluvium Mera" 865 TSobrado
  • "uillare de Causo" 898 CDFPallares
  • "in ualle Makis medietatem in uilla de Causo et uillares medios in Platanario" 955 TSobrado
  • "et inde ad ille Causo quod est super Sancta Maria de Uilla Felici" 1078 TVelloLugo
  • "quam habeo in Silvana et in Ecclesiola et in Cousu" 1218 DocArmenteira
  • "iacet ubi clamatur Causus" 1272 CDOseira.

Tamén como voz común:

  • "deinde per Octarelo, et postea per illud causum de Plantata ad rivulum Freamirum"  1121 DocUrraca
  • "ferit in terminos de Causo et inde ad quercum de inforcato et inde per ipsam ueredam usque ad causum qui est inter Sanctam Marinam et uillare de Santi" 1157 TSobrado

Sobre o paso de Couso a Conso, na toponimia hai unha tendencia a que os ditongos decrecentes xeren unha resonancia nasal que pode chegar a cristalizar nun elemento plenamente consonántico: EXITU > Eixido/Enxido, GUNDEREDI > Gondrei / Gondarén, FERRATALES > Ferradáns (MartínezLema_2014).

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "ecclesie sancte Marie de Cousso de Villarino" 1228 CDMelón 

Moderna

  • "Jurisdizión de Conso ... lugar de Conso: las poblaciones de que se hace la presente oparción se llaman con los nombres del lugar de Conso: el de Santa Marta, Santa Mariña, Chaguazoso, Vilariño, Sotelo y Soto Grande, que todas componen la Jurisdición de Conso" 1753 CME-Conso
  • "VILLARINO DE CONSO (San Martín): felig., cap. del ayunt. del mismo nombre en la prov. de Orense (13 leg.), part. jud. de viana del Bollo (1 1/4), dióc. de Astorga (22). SIT., en el estrecho valle del Conso, á la izq. del r. del mismo nombre. ... Pobl.: 18 vec., 100 alm." 1850 DicMadoz, vol. XVI.
Ana Boullón:  "Vilariño de Conso", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 29/04/2025
3629
no-portugues

Coordenades:-7.181942067 42.16591899

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
[bilaˈɾiɲo̝ðeˈkonso̝]
Audio
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
505 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Vilariñés, -esa

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-