Lourente
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimo, evolución, motivación
Resumen general
De LAURENTII, xenitivo do nome persoal Laurentius, de orixe latina.
Aspectos históricos e administrativos
É un lugar pertencente á parroquia de Saa, na Pobra do Brollón (Lu).
Información específica de étimo para este topónimo
As documentacións deste topónimo datan do século XIII (AresTopGal), pero podemos atopar o xenitivo de Laurentius con valor toponímico en textos galegos desde o X:
Documentación histórica
Antigua y medieval
Moderna
- "Lourente: l. en la prov. de Lugo, ayunt. de Puebla del Brollon y felig. de Sta. Maria de Saá. Pobl.: 10 vec., 54 almas" 1845-1850 DicMadoz.
Cognados
Aínda que hoxe non se rexistra no NG, existiu un convento chamado San Martiño de Vilalourente ou Vilourente (con haploloxía), castelanizado como Villaoriente (dunha maneira que deforma a súa orixe etimolóxica), situado en Mondoñedo e coñecido como Mosteiro dos Picos (vid. CDVilourente). Neste caso conservouse a palabra vila na formación do topónimo.
en Toponimia gallega, portuguesa y asturiano-leonesa, PID2024-159776OB-C41, proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae Toponomasticon Hispaniae. Prolongación antroponímica y proyección americana (ToponHisp-PA), financiado/a por MICIU/AEI/10.13039/501100011033. http://toponhisp.org