Boborás
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Concello
Idioma del topónimo
Galego
Derivado
APŎPĔRA »
-ALE
Resumen general
De APŎPĔRALES, plural dun abundancial que indica presenza de abóboras, unha clase de cabaza. A forma aboborás sufriu a apócope da vogal inicial, reinterpretada como artigo (coma en EPISCOPU > obispo > o bispo). Actualmente, sobre todo entre a xente maior, aínda se escoita "vou á Boborás", "casou na Boborás".
Documentación histórica
Antigua y medieval
- "Petrus Roderigi de Aboberanes ts." 1237 CDOseira p.396-397
- "concedo et abrenuntio monasterio Ursarie illam hereditatem de Aboberaes" 1241 CDOseira p.462-463
- "in villa que vocatur Boberaens sub parrochia sancte Marie" 1255 CDOseira p.715-716
- "outorgo et confirmo todo erdamento que meu padre et mya madre ia dytos venderon en Aboberaes" 1280 CDOseira p.1093
- "Fernan Dominges d'Aboberaas" 1352 CDOseira p. 242
Moderna
Eduardo Louredo Rodríguez: "Boborás",
en Toponimia gallega, portuguesa y asturiano-leonesa, PID2024-159776OB-C41, proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae Toponomasticon Hispaniae. Prolongación antroponímica y proyección americana (ToponHisp-PA), financiado/a por MICIU/AEI/10.13039/501100011033. http://toponhisp.org
[consultado en 03-03-2026].
Fecha: 09/11/2025