Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptast

Guntín

Guntín

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Étimu

GUNTINUS
Germánico
Deantroponímico » Nome personal

Ámbito semántico

Onomástica » Deantroponímico » Nome personal

Resume xeneral

De Guntini, xenitivo do antropónimo xermánico Guntinus. 

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Guntín cambiou o nome da súa capital por Guntín de Pallares en 1999 (VariacionesMunicipios). Ao concello pertencen as dúas antigas xurisdicións de Ferreira de Pallares e Guntín e Canedo. A primeira estaba composta polas parroquias de Ferreira, Nespereira, Pradeda, Vilaxuste e Vilamerelle, cuxo señorío exercía o mosteiro beneditino de Samos. A segunda formábana as freguesías de Canedo, Mosteiro e Guntín, e exercían o señorío nas dúas primeiras os señores de Gayoso e na última o Conde de Altamira. Ademais, Guntín debe relacionarse co Aquae Quintinae das táboas de Ptolomeo, á súa vez alusivo ás augas termosulfurosas abondosas en San Salvador de Francos (GGRG).

 

 

Información específica d'étimu pa esti topónimu

O topónimo Guntín procede dunha (villa) Guntini ou villa agrícola de Guntinus, antropónimo latinizado de orixe xermánica, composto pola voz gótica *gunthi- ‘loita, combate’, e a desinencia -inus, adaptación do sufixo gótico -eins (HGN 145/53). 

Documentación histórica

Vieya y medieval

  • “Parte per illas Petras de Canton et de tertia parte ad illa Peraria de Oldriti et inde ad Portum de Guntin” 747 TVelloLugo, pp. 25-31.    
  • “Villa Guntini misimus Guntino” 760 ESagrada, pp. 364-367    
  • “havitantes in Villa Guntini” 1088-1095 CDLugoCañizares, pp. 25-31.    
  • “inter Meyxaboy et Guntin sint per ubi dicitur marcus de Spinario et inde ad illo loco, recta linea, usque ad Penna Bornariam” 1229 CDFPallares, pp. 352-353.

Moderna

  • Guntín 1752 CME 
  • Guntín 1806-1870 DicMadoz 

Cognaos y topónimos rellacionaos

En territorio galego existen outros cognados coa mesma evolución:  

  • Lugares: Guntín (Os Blancos, Ou; A Cañiza, Po; Carral, Co; Castro de Rei, Lu; Cerceda, Co; A Estrada, Po; Friol, Lu; Gondomar, Po; Lugo, Lu; Monforte de Lemos, Lu; Ordes, Co; Vilalba; Lu) e Guntín de Pallares (Guntín, Lu).  
  • Parroquias: Guntín (Os Blancos, Ou; Bóveda, Lu; e Monforte de Lemos, Lu), Guntín de Pallares (Guntín, Lu) 
Andrea Santiso:  "Guntín", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 14-05-2025].
Fecha: 10/11/2023
1921
no-portugues

Coordenadas: -7.694249 42.887726

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
[ɡunˈtiŋ]
Audio
Ensin provincia
Lugo
Población
2627 (2022)

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os

Guntinés, -esa

Pseudoxentiliciu/-os

"Tarraceiros" (DTG)

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
No ha generado apellido
Nome
Nun xeneró nome personal

Bibliografía específica

Ares Vázquez, Nicandro (2011): “Toponimia do concello de Guntín de Pallares” en Estudos de toponimia galega. A Coruña: Real Academia Galega.  

Robla

Redaición: Andrea Santiso

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-