Melón
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimu
Resume xeneral
De MELONII, xenitivo do antropónimo latino Mellonius, probablemente representado no medieval galego Mellone.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
A historia deste concello ourensán, que recibe o nome da parroquia e lugar homónimos, está ligada á do mosteiro cisterciense de Melón, fundado no séc. XII e habitado ata a desamortización de Mendizábal. Melón tamén foi, durante o Antigo Réxime, nome dunha xurisdición que abranguía, ademais das actuais parroquias do concello, Quins e Melón, a de Faramontaos, en Carballeda de Avia.
Información específica d'étimu pa esti topónimu
O nome persoal está atestado xa no séc. IX (filius de Mellone 858 DiplPeriodoAstur2). Elixio Rivas (RivasToponMarín, pp. 75-76) cre que o topónimo contén a raíz prerromana *mal- / *mel- 'roca, monte'.
Documentación histórica
Vieya y medieval
- "ecclesie sti. Martini et villa Meloni ab integro" 1107 VázquezNúñez,Documentos
- "ecclesie sancte Marie de Melone" 1158 CDMelón
- "abbati Martino sancte Marie de Melon" 1159 CDMelón
- "ad monasterium de Mellon" 1203 CDMelón
- "Gomecius monasterii de Mellone abbas" 1232 CDMelón
Moderna
Cognaos y topónimos rellacionaos
Ademais do lugar e parroquia que dan nome a este concello, o Nomenclátor de Galicia rexistra os lugares de Melón (Vigo, Boqueixón, Co) e Melón de Arriba e Melón de Abaixo (Rocas, Esgos, Ou).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org