Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptast

Carballo

Carballo

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Étimu

*CARVALIU
Prerromano
Fitonimia

Ámbito semántico

Fitonimia

Derivado

Resume xeneral

O nome de lugar de Carballo vén dunha forma *carbalio con base na voz prelatina carba (DCECH s.v. carba). 

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Carballo constitúe o centro reitor da comarca de Bergantiños e a cabeceira do Partido Xudicial de Carballo, composto polos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso, os mesmos que conforman a comarca.  

No ano 1814 o concello trasladouse da parroquia de Sísamo a Carballo e o 4 de setembro de 1836 xura a Constitución de 1812 (GEG). Os rexistros antigos reflicten que o municipio puido terse chamado Os Baños ou Caldas en alusión aos baños vellos (houbo os baños novos, hoxe soterrados baixo a Praza da Cruz Vermella) (CabezaQuiles_2021) 

Información específica d'étimu pa esti topónimu

O topónimo Carballo vincúlase co substantivo galego carballo “(quercus robur) árbore caducilofia da familia das fagáceas, de gran tamaño, cerna moi dura, copa ampla, follas glabras con lobos, flores masculinas en amentos e femininas terminais, que ten como froito a landra sobre un longo pedúnculo” (DRAG). Provén dunha forma *carvalio con base na voz prelatina carva ‘tropeza, renovo de carballo, carballo miúdo, monte baixo preferiblemente de carballo’ (DCECH s.v. carba). Este fitónimo atéstase con frecuencia nos textos medievais e as máis antigas documentacións teñen sentido toponímico, a miúdo como unha referencia espacial necesaria para a localización dos lugares:

  • "Ecclesia Sancti Iuliani de Carualio ~ Carballio riuulo discurrente Salaonia" 747 DiplPeriodoAstur 
  • "usque ad Fervenza in Toka, per illo karvalio usque in Pando" 1068 TSamos
  • "alias terras qui stant iusta Carvalio" 1075 TCelanova
  • "ad montem Aloie ubi fuit ciuitas antiquitus condita et ubi sunt reliquie sancti Iulani reposite et inde ad pedem de Carbalio" 1095 DocUrraca
  • "poserunt suos pedes per terminum de ipsa cumbrada de Vessada, et vay ad illo Carbalio et vai ad illa mammona qui estrema" 1097 CDMelón
  • " Et inde a Carvalio de Fructoso" 1117 DocCaaveiro.

A antiga presenza de carballos no lugar de Cernide, onde puido estar o carballo perpetuado no nome da parroquia e da vila de Carballo, motivou o nome do concello. Aínda que polo xeral os lugares así designados adoitan estar motivados polo valor referencial que se lle concedeu a unha única árbore, o municipio de Carballo caracterizouse (e caracterízase) por unha forte presenza desta especie (Cabeza Quiles 2021).  

Documentación histórica

Vieya y medieval

  • “Sancti Johanne de Carballo” 1410 Mosteiro de Soandres.  
  • “estando dentro de la iglesia del coto y jurisdición de San Juan do Carballo” 1574 Archivo de la Real Chancillería de Valladolid PARES

Moderna

  • “Vasco de Riobó, labrador, vecino de San Juan do Carballo” 1578 ACS
  • “Gregorio da Rama, vecino de San Juan do Carballo” 1590 ACS
  • Carballo 1752 CME
  • Carballo, 1806-1870 DicMadoz 

Paisax toponímicu de la rodiada

No mesmo concello están os lugares Carballedo, As Carballeiras e, coa raíz latina, O Reboredo (< ROBORETU) e Rebordelos (< *ROBORETELLOS).

Cognaos y topónimos rellacionaos

No territorio galego existen 94 lugares que conteñen a palabra Carballo, con ou sen artigo, en singular ou en plural ou en composición. Ademais, consta a variante Carballa (e o plural Carballas), así coma outros derivados:  Carballal (pl. Carballás), Carballeda(s)/Carballede/Carballida/Carballediña/Carballedo/Carballido/Carballidiño, Carballeira, Carballiño/Carballín, Carballizos, Carballude. En total, son 439 lugares, amais de 17 parroquias e 5 concellos: Carballo, O Carballiño, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras e Carballedo.

Ana Boullón:  "Carballo", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 14-05-2025].
Fecha: 01/04/2024
310
no-portugues

Coordenadas: -8.689499 43.213465

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
kaɾˈβaʎo̝
Audio
Ensin provincia
A Coruña
Población
31429

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os

Carballés, carballesa

Pseudoxentiliciu/-os

Moinantes (DTG).

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
Carballo
10121 ocurrencias
Fonte: CAG
Nome
Nun xeneró nome personal

Bibliografía específica

Cabeza Quiles, Fernando. 2021. Toponimia de Carballo. A Coruña: Real Academia Galega.  

Robla

Redaición: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-