Vilarmaior
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimu
Resume xeneral
Composto transparente de vila e o adxectivo maior.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
O concello creouse en 1836 con parroquias que no Antigo Réxime pertenceran ás xurisdicións de Pontedeume e de Perbes, do territorio de Pruzos e provincia de Betanzos (NavazaConcellosCor). Entre 1877 e 1897 foi anexionado polo veciño concello de Pontedeume, ata que se segregou definitivamente (VariacionesMunicipios).
Información específica d'étimu pa esti topónimu
O derivado vilar aparece moi cedo na documentación galega, polo menos desde o séc. VIII: "montium que vocitant Uillar Solanu" 791 CDPinoMonforte. O seu uso toponímico, como 'núcleo de poboación máis pequeno cá vila" foi moi abundante, e de feito, hoxe é unha das palabras máis frecuentes na toponimia galega (Boullón_2021).
A partir do séc. XVI, como lle ocorreu a unha parte dos topónimos galegos, aparece nas fontes castelanizado case sistematicamente. A forma orixinal restituíuse en 1985 (VariacionesMunicipios).
Documentación histórica
Vieya y medieval
- "territorio Prutius discurente ecclesia Sancti Saluatoris de Uillare Maiore" 1223 DocsMonfero 562-563.
- "San Pedro de Vilarmayor" 1500 LSubsidioSantiago
Moderna
Cognaos y topónimos rellacionaos
En Galicia existen 545 lugares nos cales figura a palabra vilar, amais de 116 que conteñen o diminutivo, vilariño. Amais de en Vilarmaior, figura noutros dous concellos: Vilar de Santos e Vilardevós.
Maior está presente na composción de 67 lugares, adxecftivando a palabras como agra, agro, barxa, bouza, busto, campo, carral, castro, fonte, mato, monte, pedra, pena, posta, río, souto, val e vila.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org