Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptast

Mañón

Mañón

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Étimu

*MALANIONE
Incierto
Oscuro

Resume xeneral

De étimo descoñecido, posiblemente prerromano.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O concello creouse en 1836 con parroquias pertencentes no Antigo Réxime ao Couto de Maañón (provincia de Betanzos) e a xursidición de Bares e Mogor (provincia de Mondoñedo). O nome vén do da parroquia onde se instalou a casa consistorial. A capital é a vila do Barqueiro. Constou como Maañón ata 1877, data en que se mudou a Mañón (NavazaConcellosCor).

Información específica d'étimu pa esti topónimu

De etimo descoñecido.

As atestacións históricas con -aa- e a pronuncia trisilábica da que aínda hai vestixios orais parecen indicar a caída dunha consoantes intervocálica, posiblemente -L- (cf. Maariz < MALARICI, Caamaño < CALAMANIO). Por tanto, pese ao parecido, parece que hai que rexeitar unha orixe compartida co leonés Omañón, da familia do nome do río Omañas (afluente do Luna, en León) que, segundo Bascuas, está formado polo tema hidronímico *Um-, a través de Umana co sufixo -ia, común na hidronimia (BascuasHidron_2002: 232).

Existiu un nome latino Malanius (Schulze_1966). A partir del, podería pensarse nun cambio de declinación, por influencia dos antrotopónimos xermánicos, en *Malanio; do seu xenitivo, adaptado á segunda declinación, *MALANIONI, ou do acusativo, *MALANIONE, podería proceder o topónimo actual. Pero non encontramos rastros dese nome na documentación medieval.

Documentación histórica

Vieya y medieval

  • "señorío do couto de Manón" 1360 ARG
  • "Santa Maria de Maanon" 1429 CDVilourente
  • "Santa Maria de Maanon" [Arçiprestadgo d'Ortigueira]  1488 CDCatMondoñedo

Moderna

  • "feligresía de Santa María de Maañón" 1752 CME-Maañón.
  • "MAAÑON: ayuntamiento en la provincia de la Coruña ( t 3 leg.), diócesis de Mondoñedo (7), partido judicial de Sta. Marta de Ortigueira ( 2 ), distrito de Barquero, del tercio, provincia y departamento marítimo del Ferrol (1) SIT. sobre la orilla izquierda del r . Sor y costa Cantábrica. ... comprende las feligresia de Bares, Sta. Maria; Granas del Sor, San Mamed; Maañon, Sta. Maria (cap.); Mogor, Sta. María, y Riberas del Sor, San Cristóbal. ... Pobl: 4,032 vec., 4,909 almas" 1850 DicMadoz
Ana Boullón:  "Mañón", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 14-05-2025].
Fecha: 07/04/2024
4078
no-portugues

Coordenadas: -7.705643172 43.7362013

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
maˈɲoŋ
Audio
Ensin provincia
A Coruña
Población
1.244 (2023)

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os

Mañonés, -esa

Pseudoxentiliciu/-os
Ensin datos

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
Maañón
43 ocurrencias
Fonte: CAG

O apelido conserva a forma histórica do topónimo, Maañón, trisilábica, que aínda se conservou ata a actualidade. Os seus portadores desprazáronse do seu foco cara ao leste, pois hoxe residen principalmente en Foz e Barreiros

Maañón
Nome
Nun xeneró nome personal

Bibliografía específica

Nun hai bibliografía

Robla

Redaición: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-