Caneiro, O
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Derivado
Resume xeneral
Derivado de CANNA co sufixo -eiro. Designaba unha pequena presa para pescar, ou ben unha pequena canle.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
Son dous lugares homónimos no concello de Valdoviño, un na parroquia de Lourido e outro na de Vilaboa.
Información específica d'étimu pa esti topónimu
Documentación histórica
Vieya y medieval
Encontramos mostras históricas do uso desta voz, algunhas con valor toponímico incerto e non necesariamente referidas a este lugar, desde o séc. X:
- "archam in ripam de Mero, ubi dicent ad Canarium et de Coria" 942 TSobrado
- "uilla de Piniaria que est in ripa de Caue et de illo cannario de Retia" a.1096 CDVisLugo
- "outrosy uos damos o nosso dereyto que nos auemos ẽno caneyro de Pena Seuel" (coutos de Samos) 1348 DocsMSalazar
- "aforamosuos o noso caneyro de Sobrado" 1416 CDVilarDonas
- "con a nosa parte do caneiro que jaz enno río Joiva" 1464 CDPedrosoTrasancos
Moderna
- "CANEIRO: l. en la prov. de la Coruña, ayunt. de Valdoviño y felig. de San Vicente de Vilaboa". "CANEIRO: l. en la prov. de la Coruña, ayunt. de Valdoviño y felig. de San Bartolomé de Lourido" 1846 DicMadoz
Cognaos y topónimos rellacionaos
En Galicia hai outros cinco lugares chamados (O) Caneiro, nos concellos de Vilalba, Xermade (lu), As Pontes de García Rodríguez (Co), As Neves e Baiona (Po). Eun Portugal hai outras dez poboacións con este nome. O feminino rexístrase como O Eido de Caneiras (A Lama, Po); en Portugal está presente en trece poboacións.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org