Carballeda de Avia
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimu
Derivado
Resume xeneral
O topónimo está composto por un derivado abundancial do sufixo -edo/-eda de carballo, voz de orixe prerromana que designa diversas especies do xénero Quercus, a preposición de e Avia, denominación dunha terra medieval regada polo río do mesmo nome, palabra tamén de orixe prerromana.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
O concello figura xa co nome actual nos censos a partir do de 1860, ó desagregarse do de Ribadavia.
Documentación histórica
Vieya y medieval
- "... id sunt: Gumariz, et Osamo et Gallegos, et concludet de alia parte in Avia" a.928 CDSClodioRibeiro
- "... ecclesias de Sallar et de Barrosa, Castella, Cusanca, Baruantes, Auia, Auion, Asma, Cambam, Auiancos ab integro" a.1105 CDACatOurense
- "Munius Petri, clericis de Carualleda" 1259 CDSClodioRibeiro
- "Johannis Petri capellanus Sancti Michaelis de Carvaleda" a.1260 CDMelón
- "... frigessia de San Migell de Carvalleda" a.1347 CDOseira
Moderna
- "feligresía de San Miguel de Carvalleda " a.1761 CCME
- "Carballeda (San Miguel)" a.1854 DicMadoz
- "Carballeda de Avia" a.1860 CensosHisINE
Cognaos y topónimos rellacionaos
Ademais de Carballeda de Valdeorras, que adquiriu o aditamento en 1995, hai en Galicia tres parroquias que se denominan Carballeda, nove entidades de poboación e outras dúas denominadas Carballeda de Arriba e Carballeda de Abaixo. Tamén existen outros derivados de Carballo a partir do mesmo sufixo como Carballede, Carballida, Carballediña, Carballedo, Carballido, Carballidiño e con sufixos distintos: Carballal (pl. Carballás), Carballeira, Carballiño/Carballín, Carballizos e Carballude.
Do mesmo xeito, en Portugal encontramos os topónimos Carvalheda, Carvalhedos e máis derivados de Carvalho: Carvalhal, Carvalhais, Carvalheira...
Cognados de Avia son o nome do río portugués Ave e a localidade ourensá de Avión, os tres procedentes da mesma raíz hidronímica.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org