Trazo
Tipoloxia o caracterització xeogràfica
Étimo
Ámbito semántico
Resum general
De orixe escura e probablemente prerromana. Puidera estar emparentado co substantivo tarelo 'pequena elevación rochosa' (NavazaConcellosCor) e polo tanto formado coa raíz indoeuropea *ter- 'frotar, atravesar', á que aquí lle atribúe valor oronímico (BascuasHidron_2006).
Aspectes geogràfics, històrics, administratius
O concello constituíuse en 1836 coas parroquias das xurisdicións de Montaos, Monzo e Restande, e coa parroquia de Berreo, pertencente á xurisdición de Budiño. O nome do concello non coincide con ningunha entidade de poboación. A capital municipal estivo primeiro na Baixa (parroquia de Trazo), na Cuca (Morlán) e hoxe en Viaño Pequeno (Campo).
Información específica de étimo para este topónimo
Os rexistros históricos do topónimo, os máis antigos do século IX, aínda que con distintas grafías segundo a época, amósannolo xa coa morfoloxía actual.
Documentació històrica
Antiga i medieval
- "Sancta Maria in Trazo" 830 (CODOLGA)
- "archam ueterem de super
Tracio" 1218 (CDSMPinario) - "in parrochia sancte Marie de Trazo" 1382 HistoriaCatedralSantiago
- "Gonçalvo de Traço" 1419 (TMILG)
Moderna
en Toponimia gallega, portuguesa y asturiano-leonesa, PID2024-159776OB-C41, proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae Toponomasticon Hispaniae. Prolongación antroponímica y proyección americana (ToponHisp-PA), financiado/a por MICIU/AEI/10.13039/501100011033. http://toponhisp.org