Vés al contingut
Volver a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Muxía

Muxía

Tipoloxia o caracterització xeogràfica

Concello
Idioma del topònim
Galego

Étimo

*MOGIA
Incierto
Obscur

Resum general

Topónimo de orixe dubidosa. Pode ter unha orixe prerromana ou derivar do substantivo monxe, do francés monge ‘frade'. 

 

Aspectes geogràfics, històrics, administratius

O concello de Muxía constituíuse con motivo do Real Decreto do 23 de xullo de 1835. Está conformado por catorce parroquias que no Antigo Réxime pertenceran aos coutos e xurisdicións de Muxía, de Ozón e Baíñas, de Moraime e Buxantes, de Corcubión e de Vimianzo. Tomou o seu nome do da vila capital do concello, unha das dezasete da antiga provincia de Santiago (NavazaConcellos).

En 1985 cambia a denominación do concello e de Mugia pasa á forma actual Muxía (VariacionesMunicipios). Isto dános pé para aludirmos á castelanización que experimentou o topónimo. Mugia era, pois, o resultado da acomodación ás normas establecidas pola reforma ortográfica do castelán en 1815 e non unha continuación da tradición medieval, como ás veces se cre. 

Información específica de étimo para este topónimo

O máis estendido entre os estudosos é que se trata dun derivado dunha forma romance correspondente ao substantivo MONACUS, ben da forma galega mogo (< moogo < MONACU), ou ben do seu sinónimo, o galicismo monxe, procedente do francés monge 'frade' (DCECH s.v. monje). Na súa orixe faría referencia á propiedade ou xurisdicción de San Xulián de Moraime, un mosteiro medieval situado no mesmo termo municipal de Muxía. Sería, por tanto, unha forma equivalente ás abondosas Freiría ou Frairía (derivadas de freire ou fraire co mesmo sufixo) na toponimia galega (Navaza_Tophis_Galicia_2011).

O substantivo monxe tense esclarecido como un occitanismo introducido nas variedades iberorrománicas centrais e occidentais polos frases cluniacienses. Deste xeito, a voz mogo ou moogo foi substituída no territorio galego-portugués por esa importación occitánica relativamente cedo, xa que atopamos rexistros de monge como apelativo desde os primeiros textos escritos en galego-portugués. A atestación máis antiga atópase nun documento do mosteiro de Montederramo do ano 1257 en que se alude a "don Pedro, monge de Montederramo e a don Martino monge" (DocDevOurense). 

Non obstante, os vestixios da consoante nasal do suposto étimo só se rexistran a partir de finais do século XV, razón pola que non se pode descartar a posibilidade de que a relación con monxe sexa só unha etimoloxía erudita e o topónimo teña outra orixe, quizais prerromana (NavazaConcellos). 

Documentació històrica

Antiga i medieval

  • "(...) per nostrum Portum de Mogia quod est de Subarmida sancte Marie inter ipsam Ermidan et montem de Nariga in illa terra de Seaca" 1176 DocSobrado
  • "Santo Felice de Mugia" 1234 CDMeira
  • "Santa Maria de Mugia" 1334 TToxosoutos
  • "No porto de Mugia" 1338 AHUS
  • "Afonso de Mogia, serivente do consello" 1399 DocHCoruña 
  • Mongia 1493 LRComposteláns

Moderna

  • Mungia 1532 ACS
  • "La villa de Muxía" 1569 ACS
  • "la villa de Mugia", "el puerto de Mugia" 1572 ACS
  • "villa de Mujia" 1752 CME
  • Mugia 1806-1870 DicMadoz

Cognats i topònims relacionats

A pesar do aparente parecido, o municipio vasco Mungia, na provincia de Bizkaia, non ten nada que ver co substantivo monxe, posto que o resultado esperado sería Monxia, Munxia. Segundo Patxi Salaberri (en comunicación persoal), podería ter a súa orixe nunha (*villa) BONCIANA, do nome persoal latino Boncius.

Segundo a nosa hipótese, os topónimos descendentes do galicismo medieval monge serían falsos cognados. En todo caso, son moi pouco frecuentes.

En Asturias existe o topónimo La Monxal, moi probablemente derivado do asturiano monxe / monxo que nomeou un casal hoxe abandonado na localidade de Teberga (GarcíaArias_PueblosAst).

En Portugal os nomes de lugar derivados de monxe son moi poucos, aínda que podemos mencionar algún como Pomarinho dos Monges en Montemor-o-Novo (DOELP, s.v. monje). 

 

 

Andrea Santiso:  "Muxía", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 14-05-2025].
Data: 08/05/2025
2292
no-portugues

Coordenades:(-9.218903 43.107195

Les coordenades a l'estat espanyol procedeixen de l'IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripció fonètica
muˈʃia̝
Audio
Província
A Coruña
Població
4486 (2022)

Gentilici i renoms col·lectius

Gentilici(s)

Muxián, muxiá

Pseudogentilici(s)
Sin datos

Antropónims originats pel topònim

Cognom
No ha generado apellido
Nom
No ha generat nom personal

Bibliografía específica

No hi ha bibliografia

Signatures

Redacció: Andrea Santiso

Revisión: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidad
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-