Caldas de Reis
Tipoloxia o caracterització xeogràfica
Étimo
Resum general
Composto polo latín CALĬDAS (referido ás augas termais da vila) e REX, nominativo en vez de acusativo, coa mesma evolución ca SEX > seis.
Aspectes geogràfics, històrics, administratius
O concello tivo como capital desde 1836 a vila de Caldas de Reis; así se chaman tamén dúas das súas parroquias. Deu nome tamén á comarca de Caldas.
Ás oito parroquias iniciais sumóuselle en 1894 a de Saiar, que deixou de ser concello independente. Ten unha entidade menor, Arcos da Condesa.
Información específica de étimo para este topónimo
Foi identificada con Aquis Celenis na vía XIX do Interario de Antonino, que tamén fai referencia a unhas augas termais.
A segunda parte pode proceder de ser o lugar de nacemento de Afonso VII de Galicia e León (1105), fillo da raíña dona Urraca e de Raimundo de Borgoña, según se conta na tradución galega da Crónica xeral e da Crónica de Castela: "naçeu en Galiza en hũu lugar que dizẽ Caldas de Rreis, et criarõno en Galiza o arçebispo [don] Diego, que foy o primeyro arçebispo de Sanctiago desque a prouĩça de Merida foy mudada a Sanctiago, et o conde dõ Pedro de Caura" Lorenzo_TradGalCrónica 287. Aparentemente, iso é o que explica a anomalía de proceder do nominativo, REX, en vez do usual acusativo (REGE); así parecen tamén indicalo as atestacións antigas.
Tamén se ten atribuído a ser vila reguenga durante a Idade Media, antes de pasar ao control do arcebispado de Santiago (Hermo: 2011 Tenza1CatSantiago 219)
Documentació històrica
Antiga i medieval
- "in uilla que dicitur Caldas de Rex" 1214 HistoriaCatedralSantiago, vol. 5, 30-33.
- "villa que Caldas de Rex uulgariter appellatur" 1218 TBSantiago
- "Fernandus Iohannis de Caldas de Rex" 1245 DocArmenteira 227-228.
- "apud Caldas de Reys, in atri ecclesie beati Thome" 1264 TBSantiago 460-3.
- "Santa María de Caldas de Reis" 1365 DocDevOurense 96
- "Fernán Bogallo, notario público jurado de Caldas de Rrex e de Salnés" 1386 THSantiago 52
- "notario ppublico jurado do couto de Nogueyra τ de Caldas de Rey τ de terra de Salnes" 1403 Maia_1986 235.
- "juis da villa de Caldas de Rex" 1434 MinNotPontevedra 134.
Moderna
- "villa de Caldas" 1607 MemoriasHoyo 445
- "villa de Caldas", "Jurisdición de Caldas de Reies" 1752 CME-Caldas de Reis p. 646
Cognats i topònims relacionats
En Galicia hai máis localidades chamadas Caldas, coa mesma motivación: parroquia de Santiago de Caldas (Ourense) e aldeas en Arteixo (Co) e Vilalba (Lu), e tamén As Caldas na Caniza (Po) e no Carballiño (Ou). O diminutivo Caldelas está en dous concellos: Ponte Caldelas (Po) e Castro Caldelas (Ou), amais de noutros cinco lugares. Tamén existe Caldeliñas (Verín, Ou).
A segunda parte está presente nos compostos Nantes de Reis (Meaño, Po), Outeiro de Reis (Agolada, Po) e Vilarreis (Meaño, Po). Como forma illada, dá nome a dous lugares, no Vicedo (Lu) e en Sanxenxo (Po).
O singular aparece nos nomes dos concellos lucenses Palas de Rei, Outeiro de Rei e Castro de Rei e mais en 25 lugares das catro provincias galegas.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org