Vés al contingut
Volver a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Oroso

Oroso

Tipoloxia o caracterització xeogràfica

Concello
Idioma del topònim
Galego

Derivat

HĔDĔRA » -OSA, -OSU

Resum general

É un derivado de hedra co sufixo abundancial -oso, como confirman as atestacións históricas deste topónimo. Designa un lugar abundante nestas plantas rubideiras.

Aspectes geogràfics, històrics, administratius

O concello de Oroso constituíuse en 1836 con parroquias que pertenceran no Antigo Réxime ás xurisdicións de Folgoso e de Mesia e ó Couto do Deán, na provincia de Santiago. Tomou o nome da parroquia onde se estableceu a casa consistorial, que está no lugar de Sigüeiro (Navaza_Concellos). O nome inicialmente levaba a advocación, castelanizada (San Martín de Oroso), pero en 1836 suprimíuselle e quedou como Oroso (FariñaJamardo_1990). 

Información específica de étimo para este topónimo

Os actuais topónimos galegos parecen ser descendentes dun derivado de hedra, tras unha asimilación da vogal pretónica, como parecen indicar as documentacións máis antigas, tamén os referidos á actual parroquia da Caniza (Po):

  • "villam de Eroso quae est in terra de Avion" 1203 CDMelón
  • "prelatus de Eeroso" 1245 CDMelón
  • "in terminum de Heroso" 1250 CDMelón
  • "feligressia sancte Marie de Erosso" 1266 CDMelón

Documentació històrica

Antiga i medieval

  • "villa de Heroso" 1167 TSobrado
  • "Heeroso ... "que ... est inter caminum de Crunia et caminum de Superado et est in concurrentia Sancti Michaelis de Gandara" 1238 TCSantiago, f. 114v.
  • "flegesía de San Martiño de Eroso" 1457 TBieitoSantiago 
  • "San Martino de Eroso [Arçiprestadgo de Berreo] 1500 LSubsidioSantiago

Moderna

  • "San Martino d'Oroso" 1566 ACS
  • "San Martiño de Oroso" 1607 MemoriasHoyo
  • "Reino de Galicia. Provincia de Santiago. Feligresía de San Martín de Oroso" 1764 CME-Oroso

Cognats i topònims relacionats

Amais deste concello, que tamén contén con este mesmo nome unha parroquia e dous lugares (Oroso de Abaixo e Oroso Pequeno), no NG consta outra parroquia na Caniza (Po). Outras variantes: Hedroso (Viana do Bolo, Ou), Hedrosa (Ortigueira, Co, e Castro de Rei), Herosa (A Gudiña, Ou, este consignado como Edrossa 1335, segundo transcribe Navaza na súa Fitotoponimia).

Sen rexistros históricos, non se pode garantir que as formas femininas Orosa (en Aranga, Co, O Irixo, Our, A Estrada, Po, Palas de Rei e Vilalba, Lu), (A) Arosa (Boimorto, Mesía e Santa Comba, Co, Meis, Caldas de Reis, Po) procedan tamén dun derivado de hedra (HEDEROSA) ou estean relacionados con topónimos prerromanos como Arousa ou Oroxo. Algúns rexistros históricos permiten establecer esa conexión: "Juan Orosa e a súa filla Juana Arosa" a.1865 AHUS. O actual Arosa de Santa Comba rexístrase no séc. XIII como Heerosa (TToxosoutos). Un dos actuais topónimos portugueses Arosa documéntase como Heerosa no ano 1091 (OnomMedPortugués)  Tamén podemos supoñer A Silvarosa (Viveiro, Lu) como un composto de silva hedrosa, paralelo a Silvadrosa (Fonsagrada, Lu), e Pé de Arosa como pedra hedrosa (véxase Navaza_Fitotoponimia §129 para máis resultados)

 

Ana Boullón:  "Oroso", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 14-05-2025].
Data: 07/04/2024
4251
no-portugues

Coordenades:-8.441861917 42.96877112

Les coordenades a l'estat espanyol procedeixen de l'IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripció fonètica
oˈɾoso̝
Audio
Província
A Coruña
Població
7.662 (2023)

Gentilici i renoms col·lectius

Gentilici(s)

Orosán, orosá

Pseudogentilici(s)
Sin datos

Antropónims originats pel topònim

Cognom
Oroso
21 ocurrències
Font: CAG

Os portadores do apelido Oroso están censados sobre todo na comarca de Pontevedra, polo que parece vinculado coa parroquia de Oroso, no concello da Caniza.

Oroso
Cognom
Orosa
911 ocurrències
Font: CAG

O foco do apelido Orosa debeu ser o lugar de Vilalba (Lu), pois está concentrado na zona mindoniense.

Orosa
Cognom
Arosa
900 ocurrències
Font: CAG

A pesar do parecido fonético, este apelido non ten que ver co nome da ría de Arousa, pois é probablemente un derivado de hedra. A disimilación con A- da primeira vogal facilitouna o artigo feminino (A Arosa). Os dous focos principais do apelido foron o lugar de Arosa en Santa Comba (Co) e o de Meis (Po).

Arosa
Nom
No ha generat nom personal

Bibliografía específica

No hi ha bibliografia

Signatures

Redacció: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidad
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-