Xesta, A
Tipoloxia o caracterització xeogràfica
Étimo
Resum general
Do lat. vg. GENĔSTA (cl. GENISTA), que designa diversas especies de plantas leguminosas do xénero Sarohamnus e outros afíns. Esta forma, e sobre todo os seus derivados, son moi frecuentes na toponimia galega.
Aspectes geogràfics, històrics, administratius
Parroquia do concello de Lalín, que ten San Fiz como advocación. Na documentación antiga aparece coa advocación de santa María, e aínda hoxe persiste unha celebración mariana moi popular, que se reflicte nun refrán tradicional: "festa por festa, o Carme da Xesta" (Navaza_Fitotoponimia). Nos nomenclátores postmedievais aparecía escrito con G- ou con J-, conforme as oscilacións das grafías do español, ata que se adaptou á grafía moderna con X-, no NG.
Documentació històrica
Antiga i medieval
- "Pelagio Stephani de Genesta" 1255 CDOseira
- "Santa María de Geesta" 1302, 303 DocDevOurense
Moderna
Cognats i topònims relacionats
Amais desta parroquia, hai outra no concello da Lama (Po), e outros once lugares (A) Xesta (Co7, Lu2, Po3), o composto Fondo da Xesta (Lalín, Po) e o plural (As) Xestas (Po, Lu), co composto Xestas Brancas (Vilalba, Lu).
Presenta derivados con diversos sufixos:
- -ALE: (O) Xestal (Co7, Lu2, Po2), o composto Vilar do Xestal (Lalín, Po) e o plural Xestás (A Estrada, Po).
- -ARIA, -ARIU: 36 (A) Xesteira, pl. As Xesteiras (Boimorto, Co), diminutivo A Xesteiriña (Sanxenxo, Po) e O Xesteiro (Toques, Co)
- -ETA: Xesteda, parroquia en Santa Comba (Co).
- -OSA: (A) Xestosa (Co3, Ou2, Po3) e os compostos A Casanova da Xestosa e O Vilar da Xestosa (Muras, Lu), ambos en Muras (Lu).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org