VIARICUS
Xermánico
Onomástica » Deantroponímico » Nombre personal
Nome de orixe xermánica. Ninguha das explicacións etimolóxicas sobre a raíz deste nome convence os autores do HGNB (p. 281), polo que non podemos determinar o seu significado. Unha hipótese é que conteña como primeiro elemento o gótico *weida 'guía'. Outras propostas consisten en relacionalo con *weids 'afastado', *weigs 'loita', weihs 'santo,sagrado' ou con *widus 'madeira, leña'.
Redacción: Eduardo Louredo Rodríguez
Revisión: Ana Isabel Boullón Agrelo
Eduardo Louredo Rodríguez:
"
VIARICUS
",
en Toponomasticon Hispaniae, proyecto financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Fecha: 24/04/2024