Skip to main content
Itzuli ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Ikertzaileentzako sarrera
esglcaeupt-ptast

Triacastela

Triacastela

Tipologia edo geografia karakterizazioa

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Etimoa

TRĒS
Latino
Balorazioa » Numeral
CASTĔLLU
Latino
Giza habitata » Eraikinak

Laburpen orokorra

Do latín tria castella 'tres castros pequenos', declinado como plural neutro.

Geografi, historia, administrazio alderdiak

Amais de concello, parroquia e núcleo, é tamén nome dun arciprestado da diocese de Lugo, que abrangue parte do propio concello e do de Pedrafita do Cebreiro. Ordoño II confirmou en 919 diversas donacións a un mosteiro dedicado a san Pedro e san Paulo neste territorio, pero no ano 922 dóao á igrexa compostelá. Cobrou importancia na Idade Media por ser un lugar importante de paso das peregrinacións a Santiago. O rei Afonso VIII (dito IX na historiografía castelá) renovou a poboación en 1228 con diversas doazóns chamándolle Triacastella nova, en contraste coa actual Vilavella, outra parroquia do concello (Ares Vázquez 2013). Segundo Nicandro Rielo (GEG s.v.), o nome procede de tres castros moi próximos á vila e que aínda se manteñen en pé: Triacastela, Lagares e Santo Hadrián.

O nome actual, Triacastela, pórtao desde 1887. Anteriormente figuraba erroneamente no nomenclátor como Triancastela (Variaciones).

Leku izen honentzako informazio berezkoa

É un caso inusual na toponimia galega por proceder do plural neutro (TRIA CASTELLA). O numeral declínase como neutro (TRIA) para concordar co substantivo. O resultado habitual é tres < acusativo TRES. No substantivo, o resultado habitual procede do acusativo singular: castelo < CASTELLUM. 

Dokumentazio historikoa

Antzinatekoa eta Erdi Arokoa

  • "Tria Castella ecclesias" 911 TVelloLugo 8r-8v
  • "confirmamus locum monasterii tibi sancto abbati uocabulo Sanctorum Petri et Pauli, quod fundatum est in territorio Triacastelle in prouincia Gallecie" 919 TASantiago 8va-vb.
  • "monasterium cum ecclesia sanctorum apostolorum Petri et Pauli, que est in finibus Gallecie locum nominatum Triacastella" 922 TASantiago 10va.
  • "territorio Triacastella" 969 TSamos 64r-64v.
  • "ecclesia nostra que sita est in burgo Triacastelle redeuntibus a sancto Iacobo a parte meridiana" 1150 TSamos 64v-65r.
  • "facta carta in Triacastela" 1211 TBSantiago 59r

Garaikidea

  • "Triacastela: [...] Pobl.: 367 vec., 1.834 almas" 1849 DicMadoz, tomo 10.

kognatuak eta erlazionatutako leku izenak

En galego hai outro descendente do neutro de TRES: Triabá (< TRIA VADA), parroquia no concello de Castro de Rei (Lu) e que se repite nun lugar no concello pontevedrés de Barro.

Presentan o numeral tres os lugares As Tres Casas (Sobrado, Co) e Tresaldeas (Cerdedo, Po). A falta de máis información, non podemos determinar se tamén está en A Vila de Tres (da cal di Nicandro Ares_TopGal que pode vir do xenitivo do antropónimo latino Tresius / Thresius), O Tres (Vilarmaior, Co), ou Astrés (parroquia de Vilar de Astrés, concello de Ourense),

Tamén se rexistra algún outro caso doutro plural neutro: Zanfoga < CEN FOCA, seis lugares situados nos concellos coruñeses de Vilasantar, Coristanco, Mazaricos e A Laracha e nos lugueses de Sarria e Pedrafita do Cebreiro (neste último é tamén parroquia).

Ana Boullón:  "Triacastela", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 14-05-2025].
Data: 03/01/2024
1161
no-portugues

Coordenadas: -7.241364 42.75645

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
tɾiakasˈtɛla̝
Audio
Probintzia
Lugo
Bizilagunak
627 (2021)

Herritarren izena eta talde izengoitiak

Herritarren izena(k)

Triacastelao, triacastelá

Sasigentilizioak
Daturik ez

Leku izenak sortutako jende izenak

Abizena
No ha generado apellido
Izena
Ez du jende izenik sortu

Bibliografia berezia

Ares Vázquez, Nicandro (2013): “Toponimia do concello de Triacastela”, Lucensia 47/23, 297-306.

Sinadurak

Erredakzioa: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

MCIN/AEI/10.23039/501100011033k finantzatu du Toponomasticon Hispaniae I+D+I proiektua. Aplikazio honek Galiziako Xuntak ikerketa guneen finkapenerako eta egituraketarako ematen dituen laguntzetako bat izan zuen.

Menú del pie

  • Pribatutasun politikak
  • Cookies politikak
  • Harremanetarako
-
-
-
-