Moeche
Tipologia edo geografia karakterizazioa
Etimoa
Laburpen orokorra
Do nome de persoa Modestus, de orixe latina, a través do xenitivo MODESTI. O topónimo refírese ao propietario ou fundador do lugar.
Geografi, historia, administrazio alderdiak
O nome medieval do territorio onde se localiza o concello era Labacengos, que perdura hoxe nunha das súas parroquias. A partir do século XVI noméase "o estado de Moeche", unha xurisdición que tiña xuíz con rango de meiriño, que administraba xustiza no castelo de Moeche (GEG).
O actual termo municipal de Moeche constituíuse en 1836, tras o decreto 23/07/1835, con parroquias correspondentes á xurisdición de Moeche e de Cedeira; tres delas conteñen haxiotopónimos que levan tamén o nome do concello: San Xoán, San Xurxo e Santa Cruz de Moeche (NavazaConcellosCor).
Leku izen honentzako informazio berezkoa
A evolución do grupo -STI- > [ˈet͡ʃe̝] é paralela á das desinencias verbais dos pretéritos -ASTI, -ESTI, -ISTI en -ache, -eche, iche (Piel_1958).
Dokumentazio historikoa
Antzinatekoa eta Erdi Arokoa
- "ecclesian sancti Georgii de Moest" 977 CDXubia 57-58
- "villam Modesti" 977 CDXubia 57-58
- "sancto Iohanne de Moeste" 1159 DocCaaveiro, 251-3.
- "Suerius Moogo de Moesti presbiter" 1192 TCaaveiro
- "o meu quinón da casa de Moesche" 1323 CDPedrosoTrasancos
- "clérigo de San Jurjo de Moeche" 1506 CDPedrosoTrasancos
- "San Joan de Moeche" 1506 CDPedrosoTrasancos
Garaikidea
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org