Skip to main content
Itzuli ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Ikertzaileentzako sarrera
esglcaeupt-ptast

Rebordelos

Rebordelos

Tipologia edo geografia karakterizazioa

Lugar
Parroquia
Idioma del topónimo
Galego

Derivado

RŌBŎRĒTU » -ĔLLA/-ĔLLU

Laburpen orokorra

Derivado de reboredo (< lat. ROBORETU 'carballeira') co sufixo diminutivo -ELLOS e síncope da vogal pretónica. 

Geografi, historia, administrazio alderdiak

É unha parroquia do concello de Carballo, coa advocación de San Salvador; tamén é o nome dun lugar da mesma parroquia.

Leku izen honentzako informazio berezkoa

En Galicia a voz máis común para o quercus robur é carballo (e os derivados respectivos), o colectivo derivado da voz latina tamén ocorre con certa frecuencia. Atopamos esta voz na documentación desde o séc. IX: "ipsam stratam Fontanelo et inde per Rebordellum" 914 HistoriaCatedralSantiago.

Dokumentazio historikoa

Antzinatekoa eta Erdi Arokoa

  • "San Salbador de Rebordelos" 1457 DocHCoruña.

Garaikidea

  • "feligresia de San Salbador de Revordelos, jurisdiczión de la Villa de Cayón" 1752 CME-Rebordelos-Carballo
  • "Rebordelos (San Salbador de): felig. en la prov. de la Coruña (3 leg.), dióc. de Santiago (7 4/2), part. jud. y ayunt. de Carballo (1 4/2). SIT. en el camino que por la costa se dirige a Malpica. (...) Pobl.: 65 vec., 335 almas" 1849 DicMadoz.

Hurbileko leku izenak

Son numerosas as referencias toponímicas ao xénero quercus neste concello. Amais do nome desta parroquia, Rebordelos, hai outro lugar chamado O Reboredo na parroquia de Sofán. Levan nome prerromano o propio concello, Carballo (que tamén o é da parroquia e do lugar onde está a capital), hai un lugar  Carballedo na devandita parroquia de Rebordelos e outro As Carballeiras na de Bértoa.

kognatuak eta erlazionatutako leku izenak

En Galicia hai outros catro lugares chamados Rebordelos (Val do Dubra, Santa Comba, Ordes e Carballo, na provincia da Coruña, e O Páramo, en Lugo) e un Os Rebordelos (Muras, Lu). En singular, Rebordelo, figuran 16 lugares e unha parroquia (Cotobade, Po). Tamén se rexistra co sufixo diminutivo moderno, Rebordiños (Vilalba, Esgos, e dous en Guitiriz, todos eles na Terra Chá luguesa) e en composición: Rebordondo (Cualedro, Ou, Portomarín e Taboada, Lu), Rebordochao (Monfero, Co) e Rebordondiego (O Saviñao, Lu); algúns levan un sufixo xentilicio: Rebordáns (Ponteceso, Negreira, Co), Rebordaos (tres na Coruña e tres en Lugo). Sen sufixo diminutivo nin síncope da vogal postónica: (A) Reboreda (sete), (O) Reboredo (61), en plural: Os Reboredos (un nas Pontes de García Rodríguez, Co) e un composto, Torreboredo (A Estrada, Po).

Ana Boullón:  "Rebordelos", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 14-05-2025].
Data: 07/04/2024
3753
no-portugues

Coordenadas: -8.64335562 43.29565898

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
reβoɾˈðɛlo̝s
Audio
Probintzia
A Coruña
Bizilagunak
204 (2022)

Herritarren izena eta talde izengoitiak

Herritarren izena(k)
Daturik ez
Sasigentilizioak
Daturik ez

Leku izenak sortutako jende izenak

Abizena
No ha generado apellido
Izena
Ez du jende izenik sortu

Bibliografia berezia

Bibliografiarik ez dago

Sinadurak

Erredakzioa: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

MCIN/AEI/10.23039/501100011033k finantzatu du Toponomasticon Hispaniae I+D+I proiektua. Aplikazio honek Galiziako Xuntak ikerketa guneen finkapenerako eta egituraketarako ematen dituen laguntzetako bat izan zuen.

Menú del pie

  • Pribatutasun politikak
  • Cookies politikak
  • Harremanetarako
-
-
-
-