Skip to main content
Itzuli ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Ikertzaileentzako sarrera
esglcaeupt-ptast

Nabal

Nabal

Tipologia edo geografia karakterizazioa

Lugar
Idioma del topónimo
Galego

Derivado

NAPU » -ALE

Laburpen orokorra

Derivado de nabo (lat. NAPU) co sufixo abundancial -al. É o representante desta familia que ten máis presenza na toponimia. Non designa exclusivamente 'terreo dedidaco ao cultivo de navos', senón que ten un significado máis xenérico de 'terreo para diferentes hortalizas" (Navaza_Fitotoponimia).

Geografi, historia, administrazio alderdiak

Lugar da parroquia de San Tomé de Ancorados no concello da Estrada (Po).

Dokumentazio historikoa

Antzinatekoa eta Erdi Arokoa

Dado que as localidades que portan esta voz son poboacións menores, é difícil localizalas na documentación antiga. En todo caso, a súa presenza é abundante como voz común nos repositorios. Referida a distintos lugares, atopámola tanto na forma singular como plural e tamén en usos antroponímicos, como complemento toponímico en nomes persoais:

  • "riuulum de Naual", "sicut diuidit a Pontibus de Gatin usque ad Riuum de Nabal" 1172 TVLugo
  • "Joan do Naval" 1473 TOseira
  • "Petrus Pelagii dictus Nabaes a.1256, Martinus Iohannis de Outeyro, dictus Nabaes a.1258 CDOseira
  • "don Fernan Paes Nabaes, thesoureyro de Santiago" 1353 DocUnivSantiago.
  • "Hun marco está ontre as Deuessas, ao Penedo do Rio dos Nabaes" 1473 DocDevOurense.

kognatuak eta erlazionatutako leku izenak

No NG documentamos tamén Nabal (Lousame, Co), os compostos O Nabal Vello (Tordoia, Co), Trasdonabal (Cotobade, Po), oito localidades co plural (Os) Nabás (Co2, Lu3, Ou2, Po1), cunha variante dialectal no composto O Chao dos Nabais  (Trabada, Lu) e o derivado Nabaleira (A Caniza, Po).

Tamén se rexistra O Nabalexo (Pontevedra), pero é dubidoso que sexa derivado de nabo ou, máis probablemente, que teña que ver cun topónimo prerromano. Este documéntase como monte e río no séc. X:

  • "e illo monte de Nabalelio ata in termino de Visandi IIIa integra; et des illo arrogio de Nabalelio" 982 TSamos
Ana Boullón:  "Nabal", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 14-05-2025].
Data: 07/04/2024
4372
no-portugues

Coordenadas: -8.412206426 42.72047748

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
naˈβal
Probintzia
Pontevedra
Bizilagunak
8 (2023)

Herritarren izena eta talde izengoitiak

Herritarren izena(k)
Daturik ez
Sasigentilizioak
Daturik ez

Leku izenak sortutako jende izenak

Abizena
Nabal
201 ocurrencias
Iturria: CAG

Os portadores actuais de Naval, coa grafía alterada probablemente por influencia da voz común nave, concéntranse especialmente en dúas zonas: unha na comarca de Ourense e outra luguesa, nas comarcas de Lugo, Meira e a Terra Chá, lonxe das aldeas homónimas. 

Nabal
Izena
Ez du jende izenik sortu

Bibliografia berezia

Bibliografiarik ez dago

Sinadurak

Erredakzioa: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

MCIN/AEI/10.23039/501100011033k finantzatu du Toponomasticon Hispaniae I+D+I proiektua. Aplikazio honek Galiziako Xuntak ikerketa guneen finkapenerako eta egituraketarako ematen dituen laguntzetako bat izan zuen.

Menú del pie

  • Pribatutasun politikak
  • Cookies politikak
  • Harremanetarako
-
-
-
-