Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Beariz

Beariz

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

VIARICUS
Germánico
Deantroponímico » Nome persoal

Resumo xeral

Procede de (villa) Viarici, xenitivo do nome de orixe xermánica Viaricus.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Pertence á comarca do Carballiño.

Información específica de étimo para este topónimo

O topónimo procede do xenitivo Viarici, seguramente a partir dun composto *villa Viarici, é dicir vila de Viaricus. 

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "deinde in Sautelo deinde in Viariz et aliis locis ubi illam potueritis invenire ab illo monte Marano" 1119 LiberFidei p. 236 - 237 
  • "alium casalem de Viariz ubi moratus fuit Salvator" 1199 CatDocSantiago p. 223

Moderna

  • "Bieriz" 1539 AHUS
  • "Santa Maria de Beariz",  1752 CME.
  • "Beariz",  1845-1850 DicMadoz.

Cognados e topónimos relacionados

No concello do San Amaro, na mesma comarca, está a parroquia de Beariz. No concello de fala galega de Corullón (provincia de León) atopamos Viariz. Do mesmo étimo proceden os nomes dos lugares de Virís, nos concellos de Cerceda (Co) e Pantón (Lu); e tamén o nome das freguesías de Viariz (concello de Baião, Portugal) e Beiriz (antiga freguesía da Póvoa de Barzim, Portugal).
 

Eduardo Louredo Rodríguez:  "Beariz", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 24/04/2024
1075
no-portugues

Coordenades:-8.271838 42.466007

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
beaˈɾiθ
Audio
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
946 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

bearicense

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Eduardo Louredo Rodríguez

Revisión: Ana Isabel Boullón Agreo

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-