Dozón
Tipologia ou caracterização geográfica
Étimo
Derivado
Resumo geral
O topónimo é un derivado perromano do nome do río Deza, co sufixo -one.
Aspetos geográficos, históricos, administrativos
Documentamos Dozón xa no séc. VI como un dos límites do condado de Deza. O concello constituíuse coas parroquias da antiga xurisdición de Dozón (agás a de Vilanova, hoxe do concello de Lalín), dúas parroquias da terra de Deza (O Sisto e Sanguiñedo) e o couto redondo de Vilarello. É tamén o nome dunha parroquia e dun lugar e todos o reciben do antigo nome do río que nace alí (Dezón na I.M., hoxe chamado Asneiro).
Informação específica de étimo para este topónimo
Na forma primitiva Dezón, en que está documentado xa no ano 572 (RiscoESagrada40, 344-349), produciuse durante a Idade Media unha harmonización que igualou as vogais en Dozón.
Documentação histórica
Antiga e medieval
- "monte de Dezon" 572 RiscoESagrada40
- "flumine Dezon" 1010 CDLugoCañizares
- "qui dicitur Dozón" 1101 DocUrraca
- "per illam aquam de Dozon" 1112 DocUrraca
- "quinionem meum de ecclesia de Dezon " (s. XIII) CDOseira
Moderna
Paisagem toponímica próxima
Cognatos e nomes de lugares relacionados
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org