Passar para o conteúdo principal
Voltar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acesso investigadores
esglcaeupt-ptast

Canedo

Canedo

Tipologia ou caracterização geográfica

Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

CANNĒTU
Latino
Fitonímia

Resumo geral

Do lat. cannētum, derivado de CANNA 'cana', co sufixo abundancial -edo, correspondente ao lat. -etu.

Aspetos geográficos, históricos, administrativos

É unha parroquia do concello da Pobra do Brollón (Lugo), coa advocación de san Miguel.

Informação específica de étimo para este topónimo

Referido a calquera dos topónimos galegos (aínda que a maior parte son da parroquia ourensá), encontramos atestada esta voz desde o séc. X:

  • "id sunt villas in Bubalo, Caneto de Auriense" 942 TCelanova
  • "in monasterio Caneto vocabulo sancti Vincenti" 974 TCelanova
  • "Sancti Michelis de Caneto" 1225 CDCatedralOurense
  • "villas in Laurenzana prenominatas Canneto , Cande, Villa Felici" s.a. TLourenzá.
  • "I casal en Canedo" 1289 TToxosoutos
  • "freguesías de San Pedro de Codeiro et de Canedo et de Santiago das Caldas" 1458 DocDevOurense

Documentação histórica

Antiga e medieval

  • "uillas prenominatas circa Caneto in Lemabus" 1017 TASantiago

Moderna

  • "CANEDO (San Miguel de): feilg. en la prov. y dióc. de Lugo (8 1/2 leg.), part. jud. de Quiroga (3) y aynt. del Brollón (1/2). ... Pobl.: 41 vec., 234 alm." 1846 DicMadoz.

Cognatos e nomes de lugares relacionados

Amais desta parroquia na Pobra do Brollón, en Galicia hai outra coa mesma advocación no concello de Ourense, máis 13 lugares que conteñen a forma Canedo (oito en Portugal) e cinco Os Canedos. En Portugal rexístrase o diminutivo Canedinho (Aveiro). Tamén existen en Galicia as variantes Canido (dous na provincia de Pontevedra e dous na da Coruña)

A forma feminina, Caneda, é nome dunha parroquia en Monforte de Lemos e de dous lugares (en Boqueixón, Co, e Campo Lameiro, Po).

Alcanede (freguesía portuguesa do concello de Santarém) é probablemente un híbrido, con aglutinación do artigo árabe e apócope do -o final,"provavelmente ainda latina, mas reforçada pela pronúncia árabe que não dispunha de palavras masculinas terminadas em -o", segundo información de Alice Fernandes. No mesmo concello existen outras freguesías con denominacións mozárabes, como Alcobertas. 

Ana Boullón:  "Canedo", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 14-05-2025].
Cerca: 07/04/2024
3916
no-portugues

Coordenadas: -7.41148223 42.6236093

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
[kaˈneðo̝]
Audio
Província
Lugo
População
46 (2023)

Gentilíco e apelidos colectivos

Gentílico(s)
Sem dados
Pseudogentílico(s)
Sem dados

Antropónimos originados pelo topónimo

Apelido
No ha generado apellido
Nome
Não gerou nome pessoal

Bibliografia específica

Não há bibliografía

Assinaturas

Redação: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-