Touro
Tipologia ou caracterização geográfica
Étimo
Resumo geral
Probablemente dunha base oronímica prerromana *Taur- e non da voz común touro (< lat. TAURU). As dúas posibles orixes conflúen foneticamente, pero a raíz oronímica neste caso parece seguro, posto que a parroquia está situada nunha zona elevada, cun vértice xeodésico de 462 metros de altura (BascuasHidron_2006 : 233). Ademais, non son moi comúns os zoónimos formados co nome en singular do animal, pois o habitual son colectivos (Toural, Becerral, ou compostos (Boilouro, Boi Pardo, A Vacaloura).
Aspetos geográficos, históricos, administrativos
O termo municipal de Touro creouse en 1836 co territorio que no Antigo Réximo pertenceran á xurisdición de Bendaña, Cira e Budiño, da provincia de Santiago. O nome vén do da parroquia onde se estableceu a casa consistorial (no lugar de Fonte Díaz), polo que non coincide co de ningún núcleo de poboación (NavazaConcellosCor). Actualmente ten a advocación de san Xoán.
Documentação histórica
Antiga e medieval
- "sanctj Iacobj de Noue Ffontes, et sancta Eolalie de Touro" 1321 StaClaraSantiago
- "Teença de Touro" 1390 Tenza1CatSantiago
- "fregesia de Touro" 1473 LTPOseira
Moderna
Cognatos e nomes de lugares relacionados
Existe outro Touro en Ribeira (Co), un cantil rocoso que responde tamén á motivación oronímica.
en Toponimia gallega, portuguesa y asturiano-leonesa, PID2024-159776OB-C41, proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae Toponomasticon Hispaniae. Prolongación antroponímica y proyección americana (ToponHisp-PA), financiado/a por MICIU/AEI/10.13039/501100011033. http://toponhisp.org